Adolf von Baeyer
Johann Friedrich Wilhelm Adolf von Baeyer |
|||
|---|---|---|---|
Adolf von Baeyer |
|||
| Nacemento | 31 de outubro de 1835 Berlín |
||
| Morte | 20 de agosto de 1917 Starnberg, |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | Alemá | ||
| Campo | Química orgánica | ||
| Alma mater | Universidade de Berlin | ||
| Director tese | Robert Wilhelm Bunsen Friedrich August Kekulé |
||
| Coñecido por | Sintesis do Anil | ||
|
|||
Johann Friedrich Wilhelm Adolf von Baeyer, nado en Berlín en 1835 e finado en Stanberg en 1917, foi un químico alemán de orixe xudía-asquenací por liña materna, que sintetizou o índigo e en 1905 recibiu o Premio Nobel de Química.
[editar] Traxectoria
Estudou matemáticas e física na Universidade de Berlín antes de se trasladar a Heidelberg para estudar química con Robert Bunsen. Alí traballou no laboratorio de August Kekulé.
Entre o seus logros científicos está o descubrimento da fenolftaleína e a fluoresceína, derivados do ácido úrico, e as resinas de fenol-formaldehído. Conseguiu en 1880, logo de dezasete anos de investigación a síntese do índigo e conseguiu determinar a súa estrutura molecular (1883).
Baixo a súa dirección traballou o farmacéutico galego Xosé Casares Gil que foi o precursor do desenvolvemento actual da Química en España.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1905 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1905 (en inglés)
- Perfil de Adolf von Baeyer en NNDB (en inglés)
| Predecesor: William Ramsay |
Premio Nobel de Química 1905 |
Sucesor: Henri Moissan |