Henri Moissan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henri Moissan
Henri Moissan.jpg
Henri Moissan
Datos persoais
Nacemento 28 de setembro de 1852
Lugar París Flag of France.svg Francia
Falecemento 20 de febreiro de 1907
Lugar París Flag of France.svg Francia
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Flag of France.svg Francia
Nacionalidade Frances
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
  • Colexio de Meaux
  • Instituto da Agronomía de París
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Henri Moissan, nado o 28 de setembro de 1852 en París e finado o 20 de febreiro de 1907 tamén en París, foi un químico o e profesor universitario de Francia, premio Nobel de Química en 1906.

Traxectoría[editar | editar a fonte]

Estudou no Colexio de Meaux, no Instituto da Agronomía de París e no Instituto de Toxicoloxía. Traballou no Museo de Historia Natural de París e nos laboratorios de Edmond Frémy. Foi profesor na Escola Superior de Farmacia dende o 1879, chegando a impartir clases de química e toxicoloxía no 1886. Dende 1900 foi profesor de química na Universidade de París. Ingresou na Academia de Ciencias francesa no 1891.

Faleceu repentinamente en París no 1907, pouco despois da súa volta de Estocolmo, tras recibir o Premio Nobel. Non se sabe se os seus experimentos co flúor contribuíron á súa morte.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Entre as súas contribución científicas máis notábeis, no 1886 conseguiu illa o flúor en forma de gas amarelo verdoso, por electrólise dunha solución de fluorhidrato potásico en ácido fluorhídrico anhidro. A existencia do flúor coñecíase dende anos antes, mais todos os intentos por obtelo fracasaran, e incluso algúns investigadores morreran no intento.

Tamén ideou un forno de arco, capaz de acadar temperaturas de 4.100 °C, que permite reducir os minerais de certos metais, como o uranio, cromo, volframio, vanadio, manganeso, titanio e molibdeno.

No 1893, deu a coñecer o seu método de preparación de pequenos diamantes artificiais a partir de carbono disolto en ferro fundido, o que produceu unha gran sensación.

Foi un dos primeiro en realizar investigación acerco do calcio, descuberto en 1808, por Humphry Davy, conseguindo unha pureza do 99 % pola electrólise do ioduro de calcio (CaI2).

Baixo a súa direción traballou o farmaceutico galego, completando a súa formación, Xosé Casares Gil que foi o precursor do desenvolvemento actual da Química en España.

En 1906, foi galardoado con Premio Nobel de Química, polos seus experimentos sobre o illamento do flúor.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Adolf von Baeyer
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1906
Sucesor:
Eduard Buchner