Artturi Ilmari Virtanen
Artturi Ilmari Virtanen |
|||
|---|---|---|---|
Artturi Ilmari Virtanen |
|||
| Nacemento | 15 de xaneiro de 1895 Helsinki |
||
| Morte | 11 de novembro de 1973 Helsinki |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | Filandes | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Coñecido por |
|
||
|
|||
Artturi Ilmari Virtanen nado o 15 de xaneiro de 1895 en Helsinki (Imperio Ruso) e finado o 11 de novembro de 1973 en Helsinki (Finlandia), foi un químico e profesor universitario finlandés, gañador do Premio Nobel de Química en 1945.
Índice |
[editar] Biografía
Virtanen naceu en Helsinki, naqueles momentos parte do Imperio ruso, e actualmente capital de Finlandia. Estudou no liceo clásico en Viipuri, tras o cal se dedicou ao estudo da química, a bioloxía e a física. En 1939 obtivo o cargo de profesor de bioquímica no Instituto Tecnolóxico de Finlandia en Helsinki, dependente da Universidade de Helsinki.
[editar] Investigacións científicas
As súas investigacións tratan sobre os alimentos parcialmente sintéticos para o gando, as bacterias fixadoras de nitróxeno nos nódulos da raíz e tamén sobre métodos mellorados de preservación da manteiga.
En 1945 Virtanen recibiu o premio Nobel de química, pola súa investigación en química aplicada agrícola e en nutrición, especialmente polo seu método da preservación da forraxe (forraxe de AIV). O método (que publicara en 1943) mellorou a almacenaxe da forraxe verde, que é importante durante os invernos longos. O proceso inclúe a adición do Ácido clorhídrico ou sulfúrico diluído no gran para almacenalo novamente. O incremento de acidez detén a fermentación e non ten ningún efecto nocivo no valor nutritivo da forraxe ou nos animais que a inxiren.
[editar] Recoñecementos
O asteroide (1449) Virtanen, descuberto polo renombrado astrónomo e físico finlandés Yrjö Väisälä, foi nomeado na súa honra.O crater lunar Virtanen recibio o nome no seu honor.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1945 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- Perfil de Artturi Ilmari Virtanen en NNDB (en inglés)
| Predecesor: Otto Hahn |
Premio Nobel de Química 1945 |
Sucesor: James Batcheller Sumner, John Howard Northrop e Wendell Meredith Stanley |