Estricnina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura química da estricnina

Número CAS
57-24-9

PubChem
441071

Fórmula química C21H22N2O2
Peso molecular 334.41 g/mol
Metabolismo
Excreción
Estado legal

A estricnina é un alcaloide cristalino moi tóxico. Foi moi usado como pesticida, principalmente para matar ratos. Porén, debido á súa alta toxicidade, non só en ratos, senón tamén en varios animais (incluíndo o home), seu uso está prohibido en moitos países.

É practicamente insolúbel en auga e pouco solúbel a disolventes orgánicos. Os estudos mostran que a DL50 oral en ratos varia entre 2,2 e 5,8 mg/kg en femias e entre 6,4 e 14 mg/kg en machos. A DL50 cutánea é de mais de 2.000 mg/kg.

A fonte máis común desta substancia é a semente de árbores da especie Nux vomica, nativa de Sri Lanka, Australia e India. A estricnina é tamén unha das substancias mais amargas que existen. O seu sabor é perceptíbel en concentracións da orden de 1 ppm. A estricnina descomponse rapidamente no solo, sendo pouco probábel que contamine a auga. Porén, pode ser inhalada na forma de po. Tamén existe o risco dun incendio en locais onde haxa compostos con estricnina e pode xerar vapores velenosos. A absorción pola pel causa reaccións tóxicas, porén o maior risco está na inxestión; canto menor sexa a dose inxerida do veleno, mais rápida é a morte[Cómpre referencia].

Non existe evidencia de que a exposición crónica a estricnina produza cáncer, mutacións, alteracións reprodutivas ou anomalías no crecemento. Porén, os seus efectos a curto prazo son graves. Pode haber convulsións iniciais violentas, mas frecuentemente os primeiros síntomas son ansiedade, temor, movementos bruscos, reflexos esaxerados, rixidez dos músculos da perna e do rostro e vómitos. Entre 10 e 20 minutos despois da inxestión, os músculos do corpo comezan a ter espasmos, iniciando coa cabeza e o pescozo. Os espasmos entón alastranse para todos os músculos do corpo, con convulsións case continuas, que empeoran co menor dos estímulos. A morte ocorre por asfixia causada pola parálise do sistema de control da respiración do sistema nervioso central, ou por esgotamento debido ás convulsións. Nese momento, o corpo endurece inmediatamente, mesmo no medio dunha convulsión, debido ao rigor mortis.

O tratamento inclúe a aplicación de diazepam intravenoso, para controlar as convulsións, e o uso de carbón activado. A substancia é metabolizada no fígado e ten unha vida media de 10 horas en humanos. Polo tanto, se o paciente sobrevive 24 horas despois da inxestión, a recuperación é case segura.

Pequenas doses de estricnina eran utilizadas como laxante ou para tratamento de outros problemas estomacais. Ese tipo de tratamento foi abandonado co advento de alternativas máis seguras.

Mecanismo de acción[editar | editar a fonte]

Nas sinapses do sistema nervioso central existen dous tipos distintos de receptor. A ligazón en receptores estimulatorios aumenta a chance de transmitir un sinal, encanto a ligazón en receptores inhibitorios reduce esa chance. Os receptores de glicina son os principais receptores inibitorios, particularmente na medula espinal. A estricnina reacciona bloqueando eses receptores. O resultado é un aumento da transmisión de sinais nerviosos, especialmente em arco-reflexos, que normalmente serían controlados pola acción da glicina neses receptores. Así, o menor dos estímulos sensoriais causa unha grande contracción muscular.