Gerhard Herzberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Gerhard Herzberg
Herzberg,Gerhard 1952 London.jpg
Gerhard Herzberg, Londres 1952
Nacemento 25 de decembro de 1904
Hamburgo Alemaña Alemaña
Morte 3 de marzo de 1999
Otava Flag of Canada.svg Canadá
Residencia Flag of Canada.svg Canadá
Nacionalidade alemán
Campo
Alma mater
Cónxuxe
  • Luise Herzberg neé Oettinger (1929)
Director tese
Coñecido por
  • polos seus traballos sobre a estrutura electrónica e a xeometría das moléculas, en especial dos radicais libres.

Gerhard Herzberg nado o 25 de decembro de 1904 en Hamburgo (Alemaña) e finado o 3 de marzo de 1999 en Otava (Canadá) foi un físico, químico e profesor universitario canadense, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1971.

Índice

Biografía[editar]

Estudou física e química no Instituto Tecnolóxico de Darmstadt, onde se licenciou en 1928 en fisicoquímica. En 1930 realizou o seu doutoramento na Universidade de Göttingen, baixo a supervisión de James Franck e Max Born, e na Universidade de Bristol, baixo a supervisión de John Lennard-Jones.

En 1930 foi nomeado profesor asistente de física no Instituto Tecnolóxico de Darmstadt, cargo que tivo que abandonar en 1935 ante as presións do réxime nazi alemán. Aquel mesmo ano aceptou o cargo de profesor visitante na Universidade de Saskatchewan en Canadá, país onde estableceu a súa residencia. Entre 1945 e 1948 foi profesor na Universidade de Chicago.

Investigacións científicas[editar]

Interesado na investigación da espectroscopia molecular, durante a súa estancia en Canadá determinou a estrutura molecular das moléculas diatómicas e poliatómicas, incluíndo hidróxeno triatómico, H3, o Hidróxeno molecular protonado, H3 , e os radicais libres. Tamén realizou estudos sobre o análise química de obxectos astronómicos como as nubes moleculares.

En 1971 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a estrutura electrónica e a xeometría das moléculas, en especial dos radicais libres. Ese mesmo ano tamén recibiu a Medalla Royal da Royal Society de Londres.

Recoñecementos[editar]

Placa conmemorativa no College Building (Saskatchewan)

Na súa honra bautizouse ao asteroide (3316) Herzberg descuberto o 6 de febreiro de 1984 polo astrónomo Edward Bowell.

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]

Predecesor:
Luis Federico Leloir
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1971
Sucesor:
Christian B. Anfinsen,
Stanford Moore
e
William Howard Stein