Stanford Moore
Stanford Moore |
|||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 4 de setembro de 1913 Chicago |
||
| Morte | 23 de agosto de 1982 Nova York |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | estadounidense | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe | |||
| Coñecido por | |||
|
|||
Stanford Moore nado o 4 de setembro de 1913 en Chicago (Estados Unidos) e finado o 23 de agosto de 1982 en Nova York, foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1972.
Índice |
Biografía [editar]
Estudou química na Universidade Vanderbilt en 1935, graduándose como Cum laude. Realizou o doutoramento en química orgánica en 1938 na Universidade de Wisconsin-Madison. Na Universidade Rockefeller de Chicago iniciou os seus traballos de investigación xunto a Max Bergmann e foi nomeado profesor de bioquímica. Durante a Segunda Guerra Mundial estivo adscrito no Departamento de Investigación Científica e Desenvolvemento en Washington D.C..
Investigacións científicas [editar]
A partir de 1945 comezou a colaborar activamente con William Howard Stein nas súas investigacións sobre a estrutura da ribonucleasa, nas cales axudoulles en gran medida o seu método de análise de aminoácidos mediante unha columna cromatográfica de separación cuantitativa. Ambos os bioquímicos idearon e perfeccionaron un analizador automático de aminoácidos, indispensable hoxe en día no estudo das proteínas e que permitiron medir a actividade catalítica das encimas.
En 1972 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química, que compartiu con William H. Stein, polos seus traballos sobre a relación entre a estrutura química e a actividade catalítica do núcleo das moléculas da ribonucleasa. A outra metade do premio recaió en Christian B. Anfinsen polos seus traballos sobre a ribonucleasa.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1972 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1972 (en inglés)
| Predecesor: Gerhard Herzberg |
Premio Nobel de Química 1972 con Christian Anfinsen e William Howard Stein |
Sucesor: Ernst Otto Fischer e Geoffrey Wilkinson |