Ilya Prigogine
Ilya Prigogine |
|||
|---|---|---|---|
non dispoñemos de imaxe |
|||
| Nacemento | 25 de xaneiro de 1917 Moscova |
||
| Morte | 28 de maio de 2003 Bruxelas |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | belga | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Director tese | |||
| Alumnos tese | |||
| Coñecido por | |||
|
|||
Ilya Prigogine, en ruso: Илья́ Рома́нович Приго́жин, nado o 25 de xaneiro de 1917 en Moscova e finado o 28 de maio de 2003 en Bruxelas, foi un físico, químico, sistémico e profesor universitario belga de orixe soviética, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1977.
Índice |
Traxectoria [editar]
Prigogine naceu en Moscova, Rusia nun fogar de orixe xudía. Fuxiu coa súa familia en 1921, tras a constitución da URSS, cara a Europa Occidental, establecéndose en Bélxica en 1929. Estudou química na Universidade Libre de Bruxelas en Bélxica, onde foi profesor de fisicoquímica e física teórica a partir de 1947.
En 1959, converteuse no director do Instituto Internacional de Solvay de Bruxelas. Foi así mesmo catedrático de química na Universidade de Chicago e de física e enxeñería química na Universidade de Texas nos Estados Unidos, onde fundou en 1967 o Instituto de Mecánica Estatística e Termodinámica.
En 1989 foi nomeado vizconde polo rei Balduíno de Bélxica.
Foi autor de multitude de libros: Estudos termodinámicos de fenómenos irreversibles (1947), Tratado de termodinámica química (1950), Termodinámica de non equilibrios (1965), Estrutura, disipación e vida (1967) e Estrutura, estabilidade e fluctuacións (1971).
Á beira de Isabelle Stengers escribiu:
- La Nouvelle Alliance (A nova alianza) 1979
- Order out of Chaos 1984
- Entre le temps et l’éternité, Paris, Fayard, 1988. Reeditado por Flammarion, « Champs » n° 262
Investigacións científicas [editar]
Especialista en termodinámica, realizou investigacións teóricas sobre a expansión da termodinámica clásica no estudo dos procesos irreversibles coa teoría das estruturas disipativas. Considéraselle o precursor da teoría do caos.
En 1977 foi galardoado pola Real Academia das Ciencias de Suecia co premio Nobel de Química por unha gran contribución á acertada extensión da teoría termodinámica a sistemas afastados do equilibrio, que só poden existir en conxunción coa súa contorna.
Outro dos seus máis soados libros, de título Tan só unha ilusión, é unha antoloxía de dez ensaios (elaborados entre 1972 e 1982) nos que Prigogine fala con especial afán sobre este novo estado da materia: as estruturas disipativas, asegurando que con estes novos conceptos ábrese un "novo diálogo entre o home e a natureza".
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Entropía
- Caos
- Círculo Eranos
- Isabelle Stengers
- Teoría de sistemas
- Autopoiesis
- Teoría das catástrofes
- Teoría do caos
- Premio Nobel de Química
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1977 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1977 (en inglés)
- Ilya Prigogine en Biografías y vidas(en castelán)
- Ilya Prigogine en You Tube] (en inglés)
| Predecesor: William Lipscomb |
Premio Nobel de Química 1977 |
Sucesor: Peter D. Mitchell |