Donald James Cram
Donald James Cram |
|||
|---|---|---|---|
Non dispoñemos de imaxe |
|||
| Nacemento | 22 de abril de 1919 Chester, Vermont |
||
| Morte | 17 de xuño de 2001 Palm Desert, California |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | estadounidense | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Director tese | |||
| Coñecido por | |||
|
|||
Donald James Cram nado o 22 de abril de 1919 en Chester, Vermont (Estados Unidos) e finado o 17 de xuño de 2001 en Palm Desert, California[1] foi un químico e profesor universitario estadounidense que compartiu o Premio Nobel de Química de 1987 por "sintetizar moléculas tridimensionales que poden mimetizar o funcionamento das molécular naturais". Tamén gañou o Premio da Academia Nacional Estadounidense de Ciencias na área de ciencias químicas.
Índice |
Traxectoría [editar]
Cram educouse no Rollins College, Florida e na Universidade de Nebraska onde se licenciou en 1942 e recibiu o seu doutoramento en química orgánica da Universidade Harvard en 1947. Empezou a dar clase na Universidade de California en 1947 e pasou a ser profesor a tempo completo en 1956. En 1956 obtivo a cátedra de química na Universidade de Los Ángeles.
Campo de estudo [editar]
Cram expandiu, baseándose no traballo de Charles J. Pedersen, o campo da síntese dos éteres de coroa, compostos bidimensionales orgánicos capaces de recoñecer e combinarse selectivamente cos ións de certos elementos metálicos. Sintetizou moléculas que transformaban a súa química en tridimensional, creando un abanico de moléculas de diferentes formas que podían interactuar selectivamente con outros elementos químicos por mor das súas estruturas tridimensionales complementarias. A súa obra representou un gran paso cara á síntese de encimas en laboratorios e outras moléculas naturais cuxo especial comportamento químico é debido á súa estrutura característica. Tamén traballou no campo da estereoquímica e nomeouse á Regra de Cram da indución asimétrica na súa honra.
Como profesor [editar]
Ademais de investigador, Cram foi tamén un popular profesor que instruíu a preto de 8.000 estudantes e guiou a obra académica doutros 200 estudantes graduados. Durante as clases tocaba a guitarra e cantaba cancións folk. [2] tamén afacía rirse de si mesmo:
Notas [editar]
- ↑ Science Blog - UCLA News
- ↑ UCLA news release do 19 de xuño de 2001, en [1].
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1987 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1987 (en inglés)
- Donald James Cram en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de Donald James Cram en NNDB (en inglés)
- http://www.brainyquote.com/quotes/quotes/d/donaldcram193831.html (en inglés)
| Predecesor: Dudley R. Herschbach, Yuan T. Lee e John Charles Polanyi |
Premio Nobel de Química 1987 con Jean-Marie Lehn e Charles J. Pedersen |
Sucesor: Johann Deisenhofer, Robert Huber e Hartmut Michel |