Richard R. Ernst

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard R. Ernst
Richard R Ernst.jpg
Richard Robert Ernst
Datos persoais
Nacemento 14 de agosto de 1933 (81 anos)
Lugar Winterthur Suíza Suíza
Falecemento
Lugar
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Suíza Suíza
Nacionalidade suízo
Etnia
Cóncuxe
  • Magdalena
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Richard Robert Ernst, nado o 14 de agosto de 1933 en Winterthur (Suíza), é un químico e profesor universitario suízo galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1991.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou química na Escola Politécnica Federal de Zúric, onde se graduó en 1957 e se doctoró en 1962 en fisicoquímica. A partir de 1970 é profesor de fisicoquímica neste mesmo centro.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Iniciou as súas investigacións sobre a resonancia magnética nuclear (RMN), fenómeno coñecido desde o ano 1945 grazas ao seu descubrimento polos Premios Nobel de Física Felix Bloch e Edward Mills Purcell, e que consiste na absorción selectiva de enerxía polos núcleos atómicos que posúen un momento magnético, cando están situados nun campo magnético e son irradiados con radiación electromagnética cunha frecuencia determinada. Mediante o uso da espectroscopia observou como as frecuencias de resonancia características destes núcleos varían de acordo coa contorna química do átomo, podendo identificar a presenza destes núcleos e a natureza das súas interaccións químicas no núcleo dunha molécula. Na década de 1960 conseguiu aumentar en máis de dez ordes de magnitude a sensibilidade desta técnica substituíndo a variación suave da frecuencia con intensas pulsacións radiomètricas.

A aplicación da técnica matemática da serie de Fourier ao complexo sinal obtido dos núcleos permitiu a reconstrución do espectro da resonancia magnética nuclear, ampliando así o rango de núcleos susceptibles de ser estudados con esta técnica.

En 1991 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da espectroscopia de resonancia magnética nuclear de alta resolución, un método necesario para a análise das estruturas moleculares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Elias James Corey
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1991
Sucesor:
Rudolph A. Marcus