Alan J. Heeger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alan J. Heeger
Image of none.svg
Non dispoñemos de imaxe
Datos persoais
Nacemento 22 de xaneiro de 1936 (78 anos)
Lugar Sioux City, Iowa Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento
Lugar
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade estadounidense
Etnia
Cóncuxe
  • Ruth
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
  • metais sintéticos
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Alan J. Heeger, nado o 22 de xaneiro de 1936 en Sioux City, Iowa (USA) é un físico estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química no 2000.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse na Universidade de Nebraska en 1957, e en 1961 obtivo o grao de Doutor en Ciencias Físicas pola Universidade de California en Berkeley. Integrouse na Universidade de Pensilvania en 1962, e ata 1982 a súa carreira estivo intimamente ligada a esta Institución Académica, na que ocupou os cargos de Profesor asistente, profesor numerario, director do Laboratorio para a investigación sobre a estrutura da materia e, entre 1981 e 1982, vicerreitor de investigación. Ese mesmo ano pasou á Universidade de California en Santa Bárbara como profesor de Física e Director do Instituto para Polímeros e Sólidos Orgánicos na mesma Universidade. En 1990 fundou, xunto ao seu colega Paul Smith, a Corporación UNIAX, da que é presidente e director de investigación, e que foi adquirida por DuPont.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Durante a súa carreira publicou numerosos artigos científicos sobre materiais, especialmente sobre polímeros orgánicos. As súas investigacións sobre a capacidade condutora dos polímeros orgánicos e as súas aplicacións tecnolóxicas valéronlle diversos galardóns, entre os que destacan o Premio Balzan, o Premio John Scout ou o Premio Oliver E. Buckley para a Materia Física Concentrada. No ano 2000 a Academia Sueca outorgoulle o Premio Nobel de Química pola súa contribución ao coñecemento e desenvolvemento da ciencia dos polímeros orgánicos condutores da electricidade, tamén coñecidos como "metais sintéticos", galardón que compartiu co neozelandés Alan MacDiarmid e o xaponés Hideki Shirakawa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ahmed H. Zewail
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

2000
con
Alan MacDiarmid
e
Hideki Shirakawa
Sucesor:
William Standish Knowles,
Ryoji Noyori
e
K. Barry Sharpless