Michael Smith
Michael Smith |
|||
|---|---|---|---|
Non dispoñemos de imaxe |
|||
| Nacemento | 26 de abril de 1932 Blackpool |
||
| Morte | 4 de outubro de 2000 Vancouver |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | inglés e canadense | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Coñecido por | |||
|
|||
Michael Smith nado o 26 de abril de 1932 en Blackpool (Inglaterra) e finado o 4 de outubro de 2000 en Vancouver (Canadá), foi un químico, bioquímico e profesor universitario canadense, de orixe inglesa, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1993.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou química na Universidade de Mánchester, onde se doctorou en 1956. Aquel mesmo ano trasladouse ao Laboratorio de Har Gobind Khorana da Universidade da Columbia Británica, e posteriormente dedicouse á docencia na Universidade de Wisconsin-Madison, situada nos Estados Unidos, e finalmente volveu á Universidade da Colúmbia Británica, onde foi nomeado director do Laboratorio de Biotecnoloxía.
Investigacións científicas [editar]
Interesado na investigación científica na contorna do ADN, buscou métodos para poder recodificar o ácido desoxirribonucleico en puntos concretos, o que se coñeceu como mutaxénese dirixida, para poder variar así a composición, forma e propiedades das proteínas.
En 1993 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento dun método para a mutación (mutáxeno) do ácido desoxirribonucleico. O premio foi compartido con Kary Mullis polo desenvolvemento da Reacción en cadea da polimerasa.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1993 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1993 (en inglés)
- Michael Smith en Biografías y vidas (en castelán)
- Perfil de Michael Smith en NNDB (en inglés)
- Biografía de Michael Smith en Michael Smith Laboratories (en inglés)
| Predecesor: Rudolph A. Marcus |
Premio Nobel de Química 1992 con Kary Mullis |
Sucesor: George Andrew Olah |