Frederick Soddy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frederick Soddy
Frederick Soddy.jpg
Frederick Soddy
Datos persoais
Nacemento 2 de setembro de 1877
Lugar Eastbourne Inglaterra Inglaterra
Falecemento 22 de setembro de 1956
Lugar Brighton Inglaterra Inglaterra
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Inglaterra Inglaterra
Nacionalidade inglés
Etnia
Cóncuxe Winifred Beilby (1908)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Radioquímica
Alma mater Universidade de Aberystwyth
Merton College
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese Ernest Rutherford
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Transmutación
Radioisótopo
Isótopo
Sexteto de Soddy
Teorema dos círculos de Descartes
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Química (1921)

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Frederick Soddy nado en Eastbourne (Inglaterra) o 2 de setembro de 1877 e finado en Brighton o 22 de setembro de 1956) foi un químico e profesor universitario inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Benjamín Soddy, un comerciante londiniense. Iniciou a súa educación primaria no colexio de Eastbourne, Sussex, Inglaterra e posteriormente estudou no Colexio Universitario de Gales e no Merton College da Universidade de Oxford. Traballou como investigador en Oxford de 1898 a 1900.

Entre 1900 e 1902 explicou química na Universidade McGill de Montreal, Quebec, Canadá, onde traballou con Ernest Rutherford en radioactividade, chegando á conclusión de que se trataba dun fenómeno que relacionaba a desintegración atómica coa formación de novos tipos de materia. Durante este período tamén comezou as súas investigacións sobre as emanacións do radio, tamén en colaboración con Rutherford. Ao deixar Canadá, Soddy comezou unha colaboración con William Ramsay na University College de Londres, onde continúo os seus estudos sobre as emanacións de radio. Soddy e Ramsay foron capaces de demostrar, por medios espectroscópicos, que o helio producíase no decaemento radioactivo dunha mostra de bromuro de radio e que tamén aparecía no decaemento da emanación.

Desde 1904 a 1914, foi profesor na Universidade de Glasgow, onde realizou unha serie de experimentos químicos relacionados con materiais radioactivos e desenvolveu a coñecida Lei do Desprazamento, que postula que a emisión dunha partícula alfa por parte dun elemento provoca que este elemento retroceda dous postos na Táboa Periódica. En 1913 formulou o concepto de isótopo, que afirma que certos elementos existen en dúas ou máis formas con diferentes pesos atómicos, pero idénticas quimicamente. De 1914 a 1919 foi profesor na Universidade Aberdeen, onde realizou investigacións relacionadas coa I Guerra Mundial. En 1919 trasladouse á Universidade de Oxford, onde permaneceu ata 1936, desempeñou a cátedra Lee de química e reorganizou o laboratorio.

Tras o falecemento da súa esposa, Winifred Beilby en 1937, non volveu retomar os seus traballos sobre a radioactividade e o seu interese dividiuse entre os asuntos económicos e sociais, diversas teorías políticas, e á resolución de problemas nos campos das matemáticas e a mecánica.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Rutherford e el déronse conta de que o comportamento anómalo de elementos radioactivos era debido ao feito de que se transformaban noutros elementos e que producían radiacións alfa, beta e gamma. En 1903, con Sir William Ramsay, Soddy verificou que a desintegración do radio producía helio.

Desde 1904 a 1914, foi profesor na Universidade de Glasgow e foi alí onde mostrou que o uranio transformábase en radio. Foi aí tamén onde demostrou que os elementos radioactivos poden ter máis dun peso atómico, a pesar de que as súas propiedades químicas sexan idénticas; isto levoulle ao concepto de isótopo. Soddy demostrou máis tarde que tamén os elementos químicos non radioactivos poden ter múltiples isótopos. Demostrou ademais que un átomo pode moverse cara abaixo dous lugares no seu peso atómico emitindo raios alfa e un cara arriba emitindo raios beta. Isto supuxo un paso fundamental no coñecemento da relación entre as familias de elementos radioactivos.

Estas investigacións permitiron o descubrimento do elemento radioactivo chamado protactinio, que realizaron independentemente Soddy en Inglaterra e Otto Hann e Lise Meitner en Alemaña.

En 1921 foi galardoado co premio Nobel de Química polas súas notables contribucións ao coñecemento da química radioactiva e as investigacións sobre a existencia e natureza dos isótopos..

Sociedades científicas[editar | editar a fonte]

Soddy foi elixido en 1910 membro da Royal Society

Premios e galardóns[editar | editar a fonte]

En 1910 foi nomeado Doutor honoris causa pola Universidade de Oxford. Foi tamén merecedor da Albert Medal en 1951.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Entre as súas diversas publicacións destacan Radioactividade (1904), A Interpretación do Radio (1909), A Química dos elementos radioactivos (1912-1914), Materia e Enerxía (1912), Ciencia e Vida (1920), A Interpretación do Átomo (1932), A Historia da Enerxía Atómica (1949), e a Transmutación Atómica (1953). Os seus intereses pola tecnocracia e os movementos sociais, quedaron reflectidos no seu libro Money versus Man (1933).

Notas[editar | editar a fonte]

  • Frederick Soddy, Premio Nobel de Química en 1921 [1]. III Trimestre 2005. 2005. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Walther Hermann Nernst
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1921
Sucesor:
Francis William Aston