Herbert C. Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herbert C. Brown
Image of none.svg
non dispoñemos de imaxe
Datos persoais
Nacemento 22 de maio de 1912]
Lugar Londres Inglaterra Inglaterra
Falecemento 19 de decembro de 2004
Lugar Lafayette (Indiana) Estados Unidos de América Estados Unidos
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade inglés
Etnia
Cóncuxe
  • Sarah Baylen
Fillos {{{fillos}}}
Relixión xudeu
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Herbert Charles Brown nado o 22 de maio de 1912 en Londres (Inglaterra) e finado o 19 de decembro de 2004 en Lafayette (Indiana, EUA)) foi un químico e profesor estadounidense, de orixe británica, galardoado co Premio Nobel de Química o ano 1979.

Traxectoría[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Londres, fillo de inmigrantes xudeus ucraínos. En 1914 emigrou cos seus pais aos Estados Unidos.

Estudou química na Universidade de Chicago, onde se licenciou en 1936 e doctorouse en 1938. En 1947 foi nomeado profesor de química da Universidade de Purdue, onde ostentou o cargo de profesor emérito ata a súa morte.

Brown morreu nun hospital da poboación de Lafayette, situada no estado de Indiana, como consecuencia dun ataque ao corazón.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Durante a Segunda Guerra Mundial, mentres traballaba xunto a Hermann Irving Schlesinger, descubriu un método para a produción do borohidruro de sodio (NaBH4), que pode ser usado para producir borano, compostos de boro e hidróxeno. Os seus traballos con estes no campo da síntese orgánica conduciron ao descubrimento do primeiro método xeral de síntese asimétrica de enantiómeros puros.

En 1979 foille concedido o Premio Nobel de Química xunto co alemán Georg Wittig polo seu desenvolvemento do uso de compostos de boro e fósforo en reaccións importantes no campo da síntese orgánica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Peter D. Mitchell
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1979
con
Georg Wittig
Sucesor:
Paul Berg,
Walter Gilbert
e
Frederick Sanger