Paul J. Crutzen
Paul Jozef Crutzen |
|||
|---|---|---|---|
Paul Jozef Crutzen |
|||
| Nacemento | 3 de decembro de 1933 (79 anos) Ámsterdam |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | holandés | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Coñecido por |
|
||
|
|||
Paul Jozef Crutzen nado o 3 de decembro de 1933 en Ámsterdam (Países Baixos) é un químico holandés, gañador do premio Nobel de Química en 1995 polas súas investigacións sobre a incidencia do ozono na atmosfera.
Índice |
Traxectoria [editar]
Naceu en Amsterdam en 1933 e en 1973, estudou enxeñería, en 1958 establécese en Suecia coa súa familia, traballa na Universidade de Estocolmo ata 1974 e onde obtén o título de doutor en Meteoroloxía. traballou na Universidade de Oxford, Inglaterra e no "National Center for Atmospheric Research" (NCAR), Boulder, Colorado, en Estados Unidos. Desde 1980 é membro da Sociedade Max-Planck para o avance da ciencia e Director da División de química atmosférica do Instituto Max-Planck, en Mainz (Alemaña) e desde 1983 director executivo desta mesma institución.
Traballo científico [editar]
Activista no campo das ciencias ambientais contribuíu, xunto a Mario J. Molina e Frank Sherwood Rowland,á comprensión da formación do buraco da capa de ozono. Os seus estudos sobre as sustancias contaminantes permitiron a comprensión do posible cambio climático que padece a Terra, relacionada coa emisión dos Clorofluorocarbonos (CFC) e outros gases organohalóxenos cun desprazamento do equilibrio químico na formación e destrución do ozono estratosférico.
En 1995 foi galardoado xunto a Molina e Rowland, co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a química da atmosfera, especialmente sobre a formación e descomposición do ozono.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1995 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1995 (en inglés)
- Paul J. Crutzen en Biografías y vidas (en castelán)
- Perfil de Paul J. Crutzen en NNDB (en inglés)
- A súa páxina web
| Predecesor: George Andrew Olah |
Premio Nobel de Química 1995 con Mario J. Molina e Frank Sherwood Rowland |
Sucesor: Robert Curl, Harold Walter Kroto e Richard Errett Smalley |