Roderick MacKinnon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Roderick MacKinnon
Roderick MacKinnon 2007.jpg
Roderick MacKinnon na Escola Politécnica Federal de Zúric
Nacemento 19 de febreiro de 1956 (57 anos)
Burlington Massachusetts
Flag of the United States.svg Estados Unidos
Residencia Flag of the United States.svg Estados Unidos
Nacionalidade estadounidense
Campo
Alma mater
Cónxuxe
  • Alice Lee
Coñecido por
  • estudos estruturais e mecánicos dos canles iónicos.

Roderick MacKinnon' nado o 19 de febreiro de 1956 en Burlington Massachusetts é un bioquímico e profesor universitario galardoado co Premio Nobel de Química en 2003.

Índice

Traxectoria [editar]

Estudou bioquímica na Universidade de Brandeis, onde se graduó en 1978, e posteriormente ampliou os seus estudos en medicina na Universidade Tufts.

Actualmente é profesor de de Neurobiología Molecular e Biofísica da Universidade Rockefeller, así como investigador do Instituto Médico Howard Hughes.

Investigacións científicas [editar]

Iniciou as súas investigacións ao redor das toxinas na estrutura en canle do potasio. Durante a década de 1990 a arquitectura molecular detallada das canles e dos medios exactos polos cales transportan os iones seguían suendo especulativos. En 1998, a pesar das trabas científicas no estudo estrutural das proteínas integrais da membrana celular que frustraran a maioría das tentativas, MacKinnon e os seus colegas da Universidade de Cornell conseguiron abrir a arquitectura dunha canle de potasio desde unha bacteria grácias á cristalografía de raios X.

En 2003 foi galardoado co Premio Nobel de Química xunto con Peter Agre. Ambos os científicos foron premiados polos descubrimentos referentes ás canles en membranas celulares, aínda que MacKinnon polos estudos estruturais e mecánicos dos canles iónicos e Agre foino especialmente polo descubrimento do métode do "canle de auga".

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
John Fenn,
Koichi Tanaka
e
Kurt Wüthrich
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

2003
con
Peter Agre
Sucesor:
Aaron Ciechanover,
Avram Hershko
e
Irwin Rose