Otto Hahn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Otto Hahn
Otto Hahn (Nobel).jpg
Otto Hahn, 1938
Datos persoais
Nacemento 8 de marzo de 1879
Lugar Frankfurt Alemaña Alemaña
Falecemento 28 de xullo de 1968
Lugar Göttingen Alemaña Alemaña
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Alemaña Alemaña
Nacionalidade hungaro
Etnia
Cóncuxe
  • Edith, nada coma Junghans (1913)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Otto Hahn, nado o 8 de marzo de 1879 en Frankfurt (Alemaña) e finado o 28 de xullo de 1968, foi un químico alemán que gañou o Premio Nobel de Química en 1944.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Frankfurt e estudou química en Marburg e en Múnic. Tras recibir o seu doutoramento en filosofía en 1901, traballou na universidade de Marburg; en 1904 pasou a Londres e ao ano seguinte a Montreal, para finalmente establecerse en Berlín en 1906. Recibiu o Premio Nobel de Química en 1944 polos seus traballos pioneiros no campo da radioactividade.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Otto Hahn e Lise Meitner

Xunto a Lise Meitner e Otto von Baeyer, desenvolveu unha técnica para medir os espectros da desintegración beta de isótopos radioactivos; para a súa fortuna este logro foi recoñecido e aseguroulle o posto de profesor no Instituto de Química Kaiser-Wilhelm de Berlín en [[1912]. En 1918, xunto con Meitner, descubriu o protactinio. Cando Meitner fuxiu da Alemaña nazi en 1938, el continuou o traballo con Fritz Strassmann na dilucidación do resultado de bombardeo do uranio cos neutróns térmicos. Comunicou os seus resultados a Meitner quen, en colaboración co seu sobriño Otto Roberto Frisch, interpretounos correctamente como evidencia da fisión nuclear (unha frase acuñada por Frisch). Unha vez que a idea da fisión foi aceptada, Hahn continuou os seus experimentos e demostrou as cantidades enormes de enerxía que a fisión inducida con neutróns podería xerar para uso pacífico ou para a guerra.

Ao transcorrer a Segunda Guerra Mundial, Otto Hahn estivo entre os científicos alemáns postos baixo vixilancia polo programa aliado ALSOS, que o incluíu no proxecto alemán de enerxía nuclear para desenvolver unha bomba atómica (a súa soa conexión era o descubrimento da fisión, el non traballou no programa). A Hahn foille concedido o premio Nobel de Química en 1944, pero na cerimonia de entrega o presidente do comité Nobel para Química anunciou: "O profesor Hahn informounos que estima deplorable asistir a esta cerimonia." Foi apresado polos británicos, quen buscaban información sobre o esforzo alemán, errado, de desenvolver unha bomba atómica.

Na era da posguerra Hahn destacou como un firme opositor ao uso de armas nucleares. Propúxose en diversas ocasións que os elementos 105 e 108 da táboa periódica se chamasén Hahnium en honra de Hahn, pero ningunha destas propostas foi aprobada. Con todo, un dos poucos buques mercantes de propulsión nuclear do mundo, o Otto Hahn, foi bautizado así na súa honra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

"Instituto de Química Kaiser-Wilhelm-" (actualmente: Edificio Otto Hahn da Universidade Libre de Berlín).
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Otto Hahn

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
George de Hevesy
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1944
Sucesor:
Artturi Ilmari Virtanen