Donald Trump

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trump e a súa muller Melania en Nova York en 2006.

Donald John Trump, nado o 14 de xuño de 1946 en Nova York, é un executivo estadounidense, empresario e escritor.

É o Conselleiro Delegado (en inglés, CEO) de Trump Organization, unha compañía inmobiliaria, e o fundador de Trump Entertainment, compañía dedicada a xestionar casinos. Fíxose especialmente famoso en televisión con The Apprentice (O Aprendiz), un reality show do que foi presentador, narrador e xuíz, ademais de produtor executivo, durante as tres primeiras temporadas. Donald Trump é coautor dun libro chamado Why we want you to be rich ou Porque queremos que ti sexas rico, o cal o escribiu na sociedade e de acordo co seu amigo Robert Kiyosaki. Estudou na escola militar de West Point.

Ademais, participou na Batalla dos millonarios contra Vince McMahon (Presidente e accionista maior da WWE) en Wrestlemania 23. A batalla consistiu en que cada billonario era representado por un loitador, Bobby Lashley (chamado o Superman moreno) representando a Trump e Umaga representando a McMahon, a vitoria foi para Bobby Lashley e como consecuencia Vince McMahon foi rapado por completo, o invitado foi a lenda da loita libre Stone Cold Steve Austin, quen ten fortes rivalidades con Vince McMahon. Esta particular loita foi o gran evento do 1 de abril de 2007.