Fritz Haber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Fritz Haber
Fritz Haber.png
Datos persoais
Nacemento 9 de decembro de 1868
Lugar Wrocław, Polonia Polonia
Falecemento 29 de xaneiro de 1934
Lugar Basilea Suíza Suíza
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Alemaña Alemaña
Nacionalidade alemana
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe Clara Immerwahr e Charlotte
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Campo Química física
Alma mater Universidade de Heidelberg
Universidade Humboldt de Berlin
Universidade Tecnica de Berlín
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese Robert Bunsen
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Fertilizante
Explosivo
Proceso de Haber
Reacción Haber-Weiss
Arma química
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Química (1918)

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Fritz Haber, nado en Breslau, Wrocław, (Polonia), antes Alemaña, 9 de decembro de 1868 e finado en Basilea, Suíza, 29 de xaneiro de 1934, foi un químico alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1918.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De 1886 a 1891 estudou na Universidade de Heidelberg con Robert Bunsen, na Universidade de Berlin no grupo de A. W. Hoffmann, e no Colexio Técnico de Charlottenburgo (hoxe Universidade Técnica de Berlín) xunto a Carl Liebermann.

casou en 1901 con Clara Immerwahr. Antes de iniciar a súa propia carreira académica traballou no negocio de química do seu pai e no Instituto de Tecnoloxía de Zúric con Georg Lunge.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Fritz Haber (1905)

Foi profesor do Instituto de Tecnoloxía Química de Karlsruhe e foi nesta época (desde 1894 ata 1911) cando el e Carl Bosch desenvolveron o proceso de Haber, que consiste na formación catalítica de amoníaco sintético a partir de nitróxeno molecular e hidróxeno, en condicións atmosféricas de alta temperatura e presión e que logo, por oxidación en presenza dun catalizador, pode transformarse en ácido nítrico.

O proceso Haber-Bosch foi un fito para a industria química, pois separou a produción de produtos químicos nitroxenados -talles como fertilizantes, explosivos e materias primas químicas- dos depósitos naturais, especialmente do nitrato de sodio. Esta repentina dispoñibilidade de fertilizantes nitroxenados evitaría a crise de poboación anunciada por Malthus.

Este descubrimento, facilitou a Alemaña producir de xeito industrial explosivos, sen necesidade de depender da maior fonte de nitratos do mundo naqueles momentos, as reservas de salitre depositadas nas costas do norte de Chile, en mans de capitais ingleses nese momento.

En 1918 foi galardoado co Premio Nobel de Química por este traballo, aínda que non puido recibilo ata 1920 debido á polémica que dita concesión suscitou dentro da comunidade científica, que non lle perdoaba o seu papel máis que activo na Primeira Guerra Mundial. Fritz Haber organizou o departamento de guerra química do ministerio da Guerra de Alemaña durante a Primeira Guerra Mundial (entre os anos 1915 e 1917). Foi responsable do desenvolvemento das primeiras armas de destrución masiva que se coñecen, varios gases venenosos, entre eles o gas mostaza, que se empregaron no campo de batalla. En devandita guerra, Fritz propuxo ao estado utilizar gas cloro contra o inimigo. Os militares ofrecéronlle unha compañía de infantería e 5000 botellas metálicas cheas do gas. A estratexia de Haber saldouse con 15000 vítimas no campo dos aliados e o suicidio da súa esposa, a cal opúxose á acción.

Tamén investigou activamente as reaccións de combustión, a separación do ouro da auga, os efectos de absorción e a electroquímica. Gran parte do seu traballo desde 1911 ata 1933 foi realizada no Instituto de Física e Electroquímica en Berlin-Dahlem, instituto que hoxe en día leva o seu nome.

Foi tamén galardoado coa medalla Rumford da Royal Society de Londres en 1932.

A pesar das súas contribucións durante a Gran Guerra, os nazis obrigáronlle a emigrar de Alemaña en 1933 por mor do seu orixe xudeu. Emigrou a Inglaterra, establecéndose uns cantos meses en Cambridge, e considerou a posibilidade de establecerse no Mandato Británico de Palestina, pero finalmente morreu convalecente nun hotel de Basilea o 29 de xuño de 1934.

Logo da morte[editar | editar a fonte]

A súa segunda muller, Charlotte, cos seus dous fillos instaláronse a Inglaterra, mentres o seu fillo Hermann, nacido do seu primeiro matrimonio, emigrou aos Estados Unidos durante a Segunda Guerra Mundial.

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

A súa principal obra titúlase Thermodynamik technische Gasreaktionen (1905).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Richard Martin Willstätter
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1918
Sucesor:
Walther Hermann Nernst