William Howard Stein
William Howard Stein |
|||
|---|---|---|---|
non dispoñemos de imaxe |
|||
| Nacemento | 25 de xuñode 1911 Nova York |
||
| Morte | 2 de febreiro de 1980 Nova York |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | estadounidense | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe | |||
| Coñecido por | |||
|
|||
William Howard Stein nado en New York o 25 de xuño de 1911 e finado na mesma cidade o 2 de febreiro de 1980, foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química en 1972.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou química na Universidade Harvard, onde se licenciou en 1930, e posteriormente doctorouse na Universidade de Columbia en 1939. Na Universidade Rockefeller de Chicago iniciou a súa investigación baixo a dirección de Max Bergmann, xunto a Stanford Moore e, posteriormente, foi nomeado catedrático de bioquímica.
Investigación científica [editar]
Xunto a Stanford Moore logrou completar a secuencia da molécula da ribonucleasa, observando a natureza e orde dos seus cento vinte e cinco aminoácidos. Foi a primeira encima cuxa estrutura se clarificou definitivamente.
En 1972 foille concedido a metade do Premio Nobel de Química, que compartiu con Stanford Moore, polos seus traballos sobre a relación entre a estrutura química e a actividade catalítica do núcleo das molécula da ribonucleasa. A outro metade do premio recaeu nos traballos independentes de Christian B. Anfinsen sobre a ribonucleasa.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1972 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1972 (en inglés)
| Predecesor: Gerhard Herzberg |
Premio Nobel de Química 1972 con Christian Anfinsen e Stanford Moore |
Sucesor: Ernst Otto Fischer e Geoffrey Wilkinson |