Dudley R. Herschbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Dudley R. Herschbach
Herschbach.JPG
Dudley R. Herschbach
Nacemento 18 de xuño de 1932 (80 anos)
San José, California Flag of the United States.svg Estados Unidos
Residencia Flag of the United States.svg Estados Unidos
Nacionalidade estadounidense
Campo
Alma mater
Director tese
Alumnos tese
Coñecido por

Dudley R. Herschbach nado o 18 de xuño de 1932 en San José, California (EUA) é un matemático, químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.

Índice

Traxectoría [editar]

Estudou na Universidade Stanford, onde se graduó en 1954 e 1955 respectivamente en matemáticas e química. Posteriormente doctorouse en química na Universidade Harvard en 1958, e iniciou a súa tarefa docente en fisicoquímica na Universidade de California, Berkeley, para retornar en 1963 a Harvard. Desde 2005 é profesor de física na Universidade de Texas.

Investigacións científicas [editar]

Xunto a Yuan T. Lee foi un dos primeiros científicos en adoptar a técnica dos haces moleculares con fins de investigación química. A creación en 1959 dun apararto co cal dous haces, cada un deles formado por partículas dunha mesma substancia, podían entrecruzarse permitiu a colisión de átomos e moléculas de diferentes especies, reaccionando entre si. Esta colisión permitiu observar como o produto resultante escapa do lugar no que se cruzan os haces. Co uso dunha variedade de detectores de partículas pódese determinar a enerxía dos produtos da reacción e a forma en que esta enerxía se distribue entre as diferentes formas posibles, como a translación (movemento da molécula no seu conxunto), a vibración (oscilacións internas das partes das moléculas) e a rotación.

En 1986 foi galardoado, xunto co seu colaborador Yuan T. Lee e o químico canadense John C. Polanyi, co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da dinámica de procesos químicos elementais.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
Herbert A. Hauptman
e
Jerome Karle
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1986
con
Yuan T. Lee
e
John Charles Polanyi
Sucesor:
Donald James Cram,
Jean-Marie Lehn
e
Charles J. Pedersen