Cyril Norman Hinshelwood
Cyril Norman Hinshelwood |
|||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 19 de xuño de 1897 Londres |
||
| Morte | 9 de outubro de 1967 Londres |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | inglés | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Alumnos tese | |||
| Coñecido por | |||
|
|||
Cyril Norman Hinshelwood nado o 19 de xuño de 1897 en Londres (Inglaterra) e finado o 9 de outubro de 1967 na súa residencia de Londres, foi un químico inglés galardoado Premio Nobel de Química do ano 1956.
Índice |
[editar] Traxectoria
De pequeno trasladouse coa súa familia a Canadá, pero en 1905 retornou a Inglaterra establecéndose coa súa familia en Chelsea. Estudou na Universidade de Oxford, onde máis tarde foi profesor desde 1937.
Membro da Royal Society, foi o seu presidente entre os anos 1955 e 1960. En 1948 foi nomeado cabaleiro do Imperio Británico polo rei Xurxo VI do Reino Unido.
[editar] Investigacións científicas
Iniciou as súas investigacións sobre as diferentes combinacións do hidróxeno e o osíxeno, tratando de explicar o mecanismo das reaccións químicas por métodos cinéticos. Estas investigacións leváronlle a gañar o premio Nobel de Química en 1956 polas súas investigacións sobre o mecanismo das reaccións químicas, o cal foi compartido co soviético Nikolay Semyonov, o cal realizara as súas investigacións independentemente.
Hinshelwood tratou de explicar o mecanismo das reaccións químicas por métodos cinéticos nas súas obras, especialmente en:
- "Kinetic of Chemical Changes in Gaseous Systems" ("Cinética dos cambios químicos en sistemas gaseosos", 1926)
- "The Reaction between Hydrogen and Oxygen" ("A reacción entre o hidróxeno e o osíxeno", 1934)
- "The Chemical Kinetics of the Bacterian Cell" ("As cinéticas químicas da célula bacteriana", 1946).
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1956 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
| Predecesor: Vincent du Vigneaud |
Premio Nobel de Química 1956 compartido con Nikolay Semyonov |
Sucesor: Alexander Robertus Todd |