Otto Wallach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Jens Christian Skou
Otto Wallach.jpg
Otto Wallach
Nacemento 27 de marzo de 1847
Königsberg
Flag of Prussia 1892-1918.svg Prusia
Morte 26 de febreiro de 1931
Gotinga Alemaña Alemaña
Nacionalidade Flag of Prussia 1892-1918.svg Reino de Prusia
Flag of the German Empire.svg Imperio alemán
Campo
Alma mater
Coñecido por

Otto Wallach nado en Königsberg (naqueles momentos parte de Prusia pero que hoxe en día forma parte de Rusia e é nomenada Kaliningrado) o 27 de marzo de 1847 e finado en Gotinga (Alemaña) o 26 de febreiro de 1931, foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1910.

Biografía [editar]

Otto naceu en Königsberg, naqueles momentos parte de Prusia, pero que actualmente forma parte de Rusia, denominada Kaliningrado.

Estudou química na Universidade de Berlín e Gotinga, e entre 1876 e 1889 foi nomeado profesor de química na Universidade de Bonn. En 1889 abandonou a docencia para converterse en director do Instituto Químico da Universidade de Göttingen, cargo que ocupou ata 1915.

Faleceu o 26 de febreiro de 1931 na alemá cidade de Gotinga, situada no estado alemán de Baixa Saxonia.

Investigacións científicas [editar]

Foi un dos primeiros químicos que se dedicaron á investigación química dos terpenoides e as combinacións alicíclicas, a investigación das cales foi de gran influencia no desenvolvemento da química orgánica e industrial, e especialmente dos perfumes e dos aceites esenciais.

En 1910 foi galardoado co Premio Nobel de Química pola súa contribución no desenvolvemento da química orgánica e industrial.

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
Wilhelm Ostwald
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1910
Sucesor:
Marie Curie