Bill Gates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bill Gates.

William Henry Gates III, nado en Seattle (estado de Washington) o 28 de outubro de 1955, é un informático e empresario estadounidense.

Índice

[editar] Traxectoria

[editar] Infancia e comezos

Seu pai, William H. Gates II, era un avogado de Seattle e a súa nai, Mary Gates, profesora da Universidade de Washington e presidenta de United Way International. Gates realizou os seus estudos primarios na escola privada Lakeside School onde comezou a interesarse no software e comezou a programar ordenadores os 13 anos.

[editar] Estudos universitarios

En 1973, Gates entrou en Harvard onde coñeceu Steve Ballmer, actual Director Xeral (en inglés «chief executive») de Microsoft. Mentres estaba en Harvard, Gates desenvolveu un compilador para a linguaxe de programación BASIC destinada o primeiro microordenador, o MITS Altair.

[editar] A creación de Microsoft

Bill Gates. 2004

En 1975 funda co seu amigo da infancia Paul Allen a empresa de informática Microsoft. Incialmente cada un tiña o metade das accións da compañía aínda que logo Gates obtivo maiores cotas de poder. Microsoft adquire a unha empresa chamada Seattle Computer o QDOS (Quick and Dirty Operating System, sistema operativo rápido e sucio) que renomea como MS-DOS e vende a IBM coma sistema operativo do primeiro PC, obtendo unha parte de beneficio por cada copia que se vendese co IBM-PC e conservando Microsoft os dereitos para licenciar o sistema a terceiras compañías.

En 1995 a súa compañía presenta o sistema operativo Windows 95.

[editar] O home con máis diñeiro do mundo

En 1996, a revista Forbes colócao primeiro na súa lista de persoas máis ricas do mundo, cunha fortuna aproximada de 18.500 millóns de dólares. En 1997 a súa fortuna e a segunda do mundo, sendo de 36.400 millóns de dólares. En 1998 recuperou o primeiro posto, cunha fortuna estimada ese ano como de 51.000 millóns de dólares. En 1999 a súa fortuna continúa sendo a primeira, concretamente de 90.000 millóns de dólares triplicando o terceiro na lista, o seu amigo e cofundador de Microsoft Paul Allen. En 2000 a súa fortuna calculábase en 60.000 millóns de dólares.

[editar] Bill & Melinda Gates Foundation

Gates casou con Melinda French o 1 de xaneiro de 1994 coa que ten tres fillos: Jennifer Katharine Gates (nada o 26 de abril de 1996), Rory John Gates (nado o 23 de maio de 1999) e Phoebe Adele Gates (nado o 14 de setembro de 2002).

En xaneiro do 2000 Gates fundou coa súa esposa a Bill & Melinda Gates Foundation, unha organización sen ánimo de lucro destinada levar as avances tecnolóxicos a todo o mundo, abrir bibliotecas públicas, loitar contra as enfermidades máis extendidas... a fundación ten a súa sede en Seattle, Washington.

[editar] Obra

Bill Gates publicou dous libros:

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas