Victor Grignard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Victor Grignard
Viktor-grignard.jpg
Victor Grignard
Datos persoais
Nacemento 6 de maio de 1871
Lugar Cherburgo-Octeville Flag of France.svg Francia
Falecemento 13 de decembro de 1935
Lugar Lyon Flag of France.svg Francia
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Flag of France.svg Francia
Nacionalidade Frances
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Química orgánica
Alma mater Universidade de Lyon
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Reactivo de Grignard
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Francois Auguste Victor Grignard, nado en Cherburgo o 6 de maio de 1871 e finado en Lyon o 13 de decembro de 1935, foi un químico e profesor universitario francés, mais coñecido como Victor Grignard. En 1912 recibiu o Premio Nobel de Química.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun obreiro dos estaleiros de Cherbourgo, Victor Grignard estudou na Facultade de Ciencias da Universidade de Lyon. Alcanzou o grao de Doutor en Ciencias en 1901, sendo profesor de química na mesma universidade ata 1909. De 1910 a 1919 ensinou na Universidade de Nancy, volvendo novamente á de Lyon, onde ensinaría de 1919 a 1935.

Durante a I Guerra Mundial foi mobilizado e encargado da vixilancia das vías férreas, antes de participar na procura de gases militares (fosgeno e o gas mostaza) e explosivos.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

O seu descubrimento máis importante foi o dos compostos organomagnesianos, chamados reactivos de Grignard. Este descubrimento proporcionou á química orgánica un método novo de síntese que se coñece co nome de reacción de Grignard.

En 1912 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química polos seus estudos na química dos alcois mediante a reacción Grignard. A outra metade do premio recaeu en Paul Sabatier polo seu método de hidroxenación de compostos orgánicos en presenza de metais.

O 7 de xuño de 1926, foi elixido membro non residente da Academia de Ciencias francesa.

Baixo a súa dirección e con grandes achegas súas, foi editado o Traité de chimie organique (Tratado de química orgánica, 23 vols., 1935-1954).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Marie Curie
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1912
con
Paul Sabatier
Sucesor:
Alfred Werner