Georg Wittig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Georg Wittig
Image of none.svg
non dispoñemos de imaxe
Datos persoais
Nacemento 16 de xuño de 1897
Lugar Berlín Alemaña Alemaña
Falecemento 26 de agosto de 1987
Lugar Heidelberg Alemaña Alemaña
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Alemaña Alemaña
Nacionalidade alemán
Etnia
Cóncuxe
  • Sarah Baylen
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Química (1979)

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Georg Wittig nado o 16 de xuño de 1897 en Berlín (Alemaña) e finado o 26 de agosto de 1987 en Heidelberg (Alemaña), foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1979.

Biografía[editar | editar a fonte]

Georg estudou química na Universidade de Tubinga, onde se licenciou en 1924, e posteriormente realizou o doutorado na Universidade de Marburg en 1926. A partir de 1932 dedicouse á docencia da química na Universidade Técnica de Brunswick e posteriormente pasou polas de Friburgo e Heidelberg, onde foi nomeado catedrático de química orgánica en 1956, cargo que ocupou ata a súa xubilación.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Especialista en química orgánica, ideou un método para a síntese de alcenos desde aldehidos e cetonas usando uns compostos chamados iluros de fósforo, o que se coñece como reacción de Wittig. Esta reacción supuxo unha nova vía para a síntese de substancias activas con dobres enlaces mediante o uso de compostos de fósforo en síntese orgánica.

En 1979 foi galardoado co Premio Nobel de Química, compartido con Herbert C. Brown, polo seu desenvolvemento do uso de compostos de boro e fósforo en reaccións importantes no campo da síntese orgánica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Peter D. Mitchell
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1979
con
Herbert C. Brown
Sucesor:
Paul Berg,
Walter Gilbert
e
Frederick Sanger