Peter D. Mitchell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter D. Mitchell
Image of none.svg
non dispoñemos de imaxe
Datos persoais
Nacemento 29 de setembro de 1920
Lugar Mitcham Reino Unido Reino Unido
Falecemento 10 de abril de 1992
Lugar Bodmin Reino Unido Reino Unido
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Reino Unido Reino Unido
Nacionalidade inglés
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
  • descubrimento do mecanismo da sintesis do ATP
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Peter Dennis Mitchell, nado o 29 de setembro de 1920 en Mitcham, (Inglaterra) e finado o 10 de abril de 1992 en Bodmin, foi un bioquímico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1978.

Biografía[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron Christopher Gibbs Mitchell, un empregado civil, e Kate Beatrice Dorothy Taplin. Estudou na Universidade de Cambridge, onde se licenciou en Ciencias Naturais, e posteriormente doutorouse en bioquímica en 1951. En 1943 aceptou traballar no Departamento de Bioquímica desta universidade, renunciando en 1955. En 1961 aceptou a petición de Michael Swann para converterse en director do Departamento de Bioloxía da Facultade de Zooloxía da Universidade de Edimburgo.

A partir do ano 1964 foi director do Laboratorio de Investigacións de Glynn, poboación situada en Cornualles.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Fosforilación oxidativa.

Interesado inicialmente na penicilina, a partir de 1961 traballou no estudo sobre a almacenaxe da enerxía nos seres vivos para ser posteriormente transportada aos puntos de utilización por medio das moléculas de adenosín trifostato (ATP). Grazas a esas investigacións, comprobou como a ruptura do enlace nun dos grupos de ATP provoca a aparición do ADP ou adenosín difostato, que libera unha enerxía inmediatamente dispoñible. Grazas á enerxía fornecida pola respiración humana, o ADP consegue converterse novamente ATP, proceso denominado fosforilación oxidativa.

En 1978 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre o intercambio de enerxía biolóxica mediante a teoría da química osmótica. En 1981 foi condecorado coa medalla Copley.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Ilya Prigogine
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1978
Sucesor:
Herbert C. Brown
e
Georg Wittig