Alan MacDiarmid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Alan MacDiarmid
Alan MacDiarmid 2005.017.004e crop.tif
Datos persoais
Nacemento 14 de abril de 1927
Lugar Masterton, Nova Zelandia
Falecemento 7 de febreiro de 2007
Lugar Drexel Hill, Pennsylvania Estados Unidos de América Estados Unidos
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade neozelandes/estadounidense
Etnia
Cóncuxe
  • Marian Mathieu
  • Gayl Gentile
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
  • desenvolvemento dos polímeros orgánicos.
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Alan Graham MacDiarmid, nado o 14 de abril de 1927 en Masterton, Nova Zelandia e finado o 7 de febreiro de 2007 en Drexel Hill, Pennsylvania (USA), foi un químico e profesor universitario estadounidense de orixe neozelandés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2000.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutoramento en química pola Universidade de Wiscosin en 1953 e pola de Cambridge en 1955. Ese mesmo ano ingresou como profesor asociado na Universidade de Pensilvania e, en 1964 obtivo a súa praza de profesor numerario. É titular da cátedra Blanchart de Química nesa mesma universidade, cargo que ocupa desde 1988.

Tivo catro fillos do seu primeiro matrimonio con Marian, falecida en 1990. MacDiarmid casou despois con Gayl Gentile. Faleceu debido a un síndrome mielodisplásico.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Os seus estudos sobre os polímeros orgánicos condutores comezaron en 1975, ano en que contactou co doutor Hideki Shirakawa, do Instituto Tecnolóxico de Tokio. Desde entón mantivo unha estreita colaboración con el, así como co doutor Alan Heeger, físico da Universidade de Pensilvania.

Nos ultimos intres da súa vida os seus intereses científicos céntranse no polímero condutor máis importante desde o punto de vista tecnolóxico, a polianilina, así como nos polímeros orgánicos fotoemisores. publicou máis de 600 artigos científicos nas máis prestixiosas revistas e é posuidor de máis de vinte patentes no campo dos polímeros orgánicos condutores, especialmente do poliacetileno e a polianilina.

Foi galardoado con numerosos premios, entre os que destacan o Premio en Materiais Químicos outorgado pola American Chemical Society (Sociedade Americana de Química {gl}}), que obtivo en 1999. No ano 2000 foi galardoado co Premio Nobel de Química pola súa contribución ao desenvolvemento da Ciencia e as aplicacións dos polímeros orgánicos con capacidade para conducir a corrente eléctrica, premio compartido co físico estadounidense Alan J. Heeger e o químico xaponés Hideki Shirakawa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ahmed H. Zewail
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

2000
con
Alan J. Heeger
e
Hideki Shirakawa
Sucesor:
William Standish Knowles,
Ryoji Noyori
e
K. Barry Sharpless