Paul Karrer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Karrer Nobel prize medal.svg
Karrer.jpg
Paul Karrer
Datos persoais
Nacemento 21 de abril de 1889
Lugar Moscova Rusia Rusia
Falecemento 18 de xuño de 1971
Lugar Zúric Suíza Suíza
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Suíza Suíza
Nacionalidade suízo
Etnia
Cóncuxe
  • Helena Froelich
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Paul Karrer, nado o 21 de abril de 1889 en Moscova (Rusia) e finado o 18 de xuño de 1971 en Zúric (Suíza), foi un químico e profesor universitario suízo galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1937.

Biografía[editar | editar a fonte]

Karrer naceu en Moscova, fillo dos cidadáns suízos Paul Karrer e Julie Lerch e en 1892 a familia volveu a Suíza, onde se educou en Wildegg, Lenzburg e Aarau. Estudou química na Universidade de Zúric con Alfred Werner e logo de obter o doutoramento en 1911, pasou uns anos como asistente no Instituto Químico. Posteriormente, obtivo un posto no Instituto Quimioterápico George Speyer de Frankfurt, onde foi axudante de Paul Ehrlich. En 1918 volveu a Zúric como profesor auxiliar de química orgánica e en 1919 chegou a ser profesor de química da Universidade de Zúric e a director do seu Instituto de Química.

Karrer casou co Helena Froelich e tivo dous fillos.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

As súas investigacións máis notables estiveron relacionadas cos carotenoides e as flavinas, descubrindo que algúns deles, como o caroteno e a riboflavina, actúan como provitaminas A e B2, respectivamente. En 1938 conseguiu sintetizar o composto denominado alfatocoferol, que corrixe a esterilidad carencial de xeito análogo á vitamina E.

En 1937 foille outorgado o premio Nobel de Química, que compartiu con Walter Norman Haworth, polas súas investigacións sobre os carotenoides, flavinas e a vitamina A e vitamina B2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Peter Joseph Wilhelmus Debye
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1937
con
Walter Norman Haworth
Sucesor:
Richard Johann Kuhn