Edwin Mattison McMillan
Edwin Mattison McMillan |
|||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 18 de setembro de 1907 Redondo Beach, Condado dos Ánxeles, California |
||
| Morte | 7 de setembro de 1991 El Cerrito, California |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | estadounidense | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Director tese | |||
| Coñecido por |
|
||
|
|||
Edwin Mattison McMillan nado o 18 de setembro de 1907 en Redondo Beach, Condado dos Ánxeles, California (EUA) e finado o 7 de setembro de 1991 en El Cerrito (California), foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1951.
Índice |
Biografía [editar]
Estudou química no Instituto Tecnolóxico de California, onde se licenciou en 1928. Posteriormente ampliou os seus estudos na Universidade de Princeton, onde se doutorou en 1932. Ese mesmo ano foi nomeado profesor de química da Universidade de Berkeley, sendo nomeado director do Laboratorio de Radiación da mesma universidade en 1934, cargo que ocupou ata 1973.
Investigacións científicas [editar]
En 1940, xunto a Philip Abelson, conseguiu crear o elemento sintético chamado neptunio (Np), un produto obtido a partir do uranio-239, usando o ciclotrón instalado en Berkeley. Durante a Segunda Guerra Mundial estivo implicado na investigació sobre o radar, sonar i as armas nucleares no Proxecto Manhattan. En 1945 desenvolveu, así mesmo, as ideas para a mellora do ciclotrón, conducindo ao desenvolvemento do sincrotrón.
Xunto a Glenn T. Seaborg compartiu o Premio Nobel de Química de 1951 pola creación dos primeiros elementos transuránicos.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1951 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
| Predecesor: Otto Paul Hermann Diels e Kurt Alder |
Premio Nobel de Química 1951 compartido con Glenn Theodore Seaborg |
Sucesor: Archer John Porter Martin e Richard Laurence Millington Synge |