Química orgánica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Estrutura da molécula de metano, o hidrocarburo máis sinxelo.

A química orgánica é a rama da química que estuda a estrutura, as propiedades, a composición, a síntese e reaccións químicas dos compostos orgánicos. Os compostos orgánicos son os compostos cuxo elemento fundamental é o carbono, pois estes compostos baséanse nun "esqueleto" formado por átomos de carbono.

O limite entre a química orgánica e a química inorgánica non é sempre nítido; por exemplo, o óxido de carbono (CO) e o dióxido de carbono (CO2) non forman parte da química orgánica. Podemos considerar os compostos organometálicos (moléculas orgánicas que inclúen átomos metálicos unidos a un átomo de carbono por medio un enlace covalente) coma unha separación difusa entre ambas ramas. O contrario que outros elementos, o carbono forma enlaces fortes con outros átomos de carbono e cunha gran variedade de outros elementos.As cadeas e aneis de átomos de carbono son tan variadas que poden formar unha variedade interminable de moléculas.

A vida e os compostos orgánicos[editar | editar a fonte]

A diversidade dos compostos de carbono é a base para a vida na Terra.Os seres vivos están formados de compostos orgánicos complexos con funcións estruturais,químicas ou xenéticas.

Historia da química orgánica[editar | editar a fonte]

Na orixe a ciencia da química orgánica era o estudio dos compostos que se extraían dos organismos vivos e dos produtos naturais.Compostos coma azucre,léveda,ceras eran considerados orgánicos. Está división partía da teoría vitalista,polo que a química orgánica estuda os compostos que posuían a "forza vital" e a química inorgánica estudaba gases, rochas e minerais e compostos derivados deles.

Compostos orgánicos[editar | editar a fonte]

Os compostos orgánicos poden dividirse en tres clases:hidrocarburos, compostos osixenados e compostos nitroxenados. Os hidrocarburos son substancias que están formadas só de carbono e hidróxeno. As principais clases de hidrocarburos son os alcanos,os alquenos, os alquinos e os hidrocarburos aromáticos. Os compostos orgánicos que conteñen átomos de osíxeno,en xeral pódense incluír nos seguintes grupos: alcohois,éteres,cetonas,aldehidos,ácidos carboxílicos e os derivados dos ácidos carboxílicos. Os compostos nitroxenados máis frecuentes son: as aminas,as amidas e os nitrilos.