Ada Yonath
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ada Yonath |
|||
|---|---|---|---|
Ada Yonath |
|||
| Nacemento | 22 de xuño de 1939 (72 anos) Xerusalén |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | israeli | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Coñecido por | |||
|
|||
Ada Yonath, nada en Xerusalén o 22 de xuño de 1939, é unha cristalógrafa israelí recoñecida polos seus traballos pioneiros na estrutura dos ribosomas. É directora do Centro de Estrutura Biomolecular Helen e Milton A. Kimmelman do Instituto Weizmann. Foi galardoada co Premio Nobel de Química en 2009.
Introduciu unha nova técnica para o estudo da cristalografía en estruturas biolóxicas, a crío bio-cristalografía, que facilita proxectos de cristalografía, os cales doutro xeito serían máis complicados de resolver.
Obtivo o seu doutoramento no Instituto Weizmann de Ciencias, e logo realizou os seus estudos postdoctorales no MIT e na Universidade Carnegie Mellon. En 1970 estableceu o único laboratorio de cristalografía de proteínas en Israel.
Índice |
[editar] Premios (selección)
- Premio Israel (2002).
- Premio Massry (2004), xunto con Harry Noller.
- Premio Louisa Gross Horwitz (2005).
- Premio Paul-Ehrlich e Ludwig-Darmstaedter (2007), xunto con Harry Noller.
- Premio Wolf en Química (2006/07), xunto con George Feher.[1]
- Premio L'Oreal-UNESCO para as Mulleres na Ciencia (2008).[2]
- Premio Nobel de Química (2009), xunto con Venkatraman Ramakrishnan e Thomas A. Steitz.[3]
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Weizmann Institute of Science, Yonath-Site (en inglés)
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2009 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2009 (en inglés)
- Perfil de Ada E. Yonath en NNDB (en inglés)
- Página oficial dos Premios Wolf en Química (en inglés)
| Predecesor: Martin Chalfie, Osamu Shimomura e Roger Y. Tsien |
Premio Nobel de Química 2009 con Venkatraman Ramakrishnan, Thomas A. Steitz |
Sucesor: Richard Heck, Ei-ichi Negishi e Akira Suzuki, |