Charles J. Pedersen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Charles John Pedersen
Image of none.svg
Non dispoñemos de imaxe
Nacemento 3 de outubro de 1904
Busan Flag of South Korea.svg Corea do Sur
Morte 26 de outubro de 1989
Salem New Jersey Flag of the United States.svg Estados Unidos
Residencia Flag of the United States.svg Estados Unidos
Nacionalidade coreano / estadounidense
Campo
Alma mater
Coñecido por
  • polo desenvolvemento e utilización de moléculas de interacción de alta selectividade

Charles John Pedersen nado o 3 de outubro de 1904 en Busan (Corea do Sur e finado o 26 de outubro de 1989 en Salem New Jersey (EUA) 1989) foi un químico nacionalizado estadounidenses galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1987.

Índice

Traxectoria [editar]

Naceu na cidade de Busan, situada hoxe en día ao sueste de Corea do Sur pero que naquel momento formaba unha única nación, fillo de pai noruegués e nai xaponesa.

En 1920 trasladouse aos Estados Unidos para realizar estudos de enxeñería química na Universidade de Daiton, no estado norteamericano de Ohio. Posteriormente realizou o seu doutoramento en química orgánica no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts.

Desde 1925 ata a súa xubilación en 1969 traballou na empresa química DuPont. Pedersen morreu na súa residencia de Salem a consecuencia dun cancro.

Investigacións científicas [editar]

Na década de 1960 conseguiu a síntese química dun grupo de compostos orgánicos de forma ocasional, os cales denominou éter coroa pola forma da súa estrutura: un anel flexible de átomos de carbono formados por grupos etilenoxi (CH2-CH2-O-). Nas súas investigacións demostrou que era posible fabricar nun laboratorio moléculas que poden reaccionar selectivamente con outros átomos e compostos, tal e como o fan as encimas nos organismos vivos, de maneira que sexan selectivas para cada catión, debido á carga negativa xerada polos dipolos na molécula. A obtención destes compostos foi de forma ocasional, xa que Pedersen investigaba sistemas capaces de encapsular ao grupo gavinoxilo en síntese catalítica de polímeros.

En 1987 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto co químico estadounidense Donald James Cram e o francés Jean-Marie Lehn, polo desenvolvemento e utilización de moléculas de interacción de alta selectividade. Este galardón contribuíu a que os éteres coroa non caian no esquecemento e utilizáronse para múltiples investigacións científicas.

Actualmente os éteres coroa están sendo utilizados en investigación química como grupos funcionais capaces de recoñecer selectivamente os catións e xa que logo ofrecer novos sistemas químicos, tanto fotosensibles como novos materiais. Nos últimos anos foron utilizados para a obtención de novos cristais líquidos, tanto orgánicos como organometálicos, nos cales a mesogenia pérdese pola introdución dun catión ou se ve modificada para xerar novas mesofases. Ademais, tamén foron utilizados para a obtención de compostos polinucleares con interesantes propiedades luminiscentes, xa sexan fluoro ou fosforescentes.

Notas [editar]

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
Dudley R. Herschbach,
Yuan T. Lee
e
John Charles Polanyi
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1987
con
Jean-Marie Lehn e Donald James Cram
Sucesor:
Johann Deisenhofer,
Robert Huber
e
Hartmut Michel