Alexander Robertus Todd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexander Robertus Todd
Alexander Todd Nobel.jpg
Datos persoais
Nacemento 2 de outubro de 1907
Lugar Glasgow Escocia Escocia
Falecemento 10 de xaneiro de 1997
Lugar Cambridge Inglaterra Inglaterra
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Inglaterra Inglaterra
Nacionalidade escoces
Etnia
Cóncuxe
  • Alison Sarah
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
  • os raballo sobre nucleótidos e coenzimas
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Alexander Robertus Todd, Barón de Todd(PC, OM, FRS), nado o 2 de outubro de 1907 en Glasgow e finado o 10 de xaneiro de 1997 en Cambridge (Inglaterra), foi un químico e profesor universitario escocés galardoado co Premio Nobel de Química en 1957.

Biografía[editar | editar a fonte]

Iniciou os seus estudos na Allen Glenns School e licenciouse en química na Universidade de Glasgow en 1928. Posteriormente ampliou os seus estudos na Universidade de Frankfurt, onde se doctoró en 1931.

En 1933 realizou un novo doutoramento na Universidade de Oxford, e en 1938 foi nomeado profesor de química na Universidade de Mánchester, cargo que desenvolveu ata 1944 cando aceptou o seu nomeamento como profesor de química orgánica na Universidade de Cambridge, onde tivo baixo a súa tutela ao bioquímico canario Antonio González González.

Entre 1952 e 1964 foi membro consultivo do Goberno Británico, en 1954 foi nomeado cabaleiro do Imperio Británico pola raíña Isabel II e en 1962 foille concedido o título honorífico de barón. Membro da Royal Society de Londres, foi o seu presidente entre os anos 1975 e 1980.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Entre 1935 e 1936 foi membro do equipo investigador da Universidade de Edimburgo onde realizou investigacións sobre a vitamina B1 ou aneurina, da cal elaborou diversos procedimentos de obtención por síntese, un dos cales utilizase para preparala industrialmente. Durante a súa estancia no Instituto Lister de Londres entre 1936 e 1938 proseguiu os seus traballos de sínteses da tiamina e outras substancias relacionadas.

A partir de 1955 iniciou as súas investigacións sobre os nucleótidos (os compostos que forman as unidades estruturais dos ácidos nucleicos ADN e ARN), coenzimas e compostos de fósforo, así mesmo efectuou outros estudos que permitiron esclarecer a complicada estrutura da vitamina B12 e vitamina E, a antocianina (pigmento vexetal causante das coloracions vermellas, moradas e azuis das flores). Estudou tamén os alcaloides atopados no haxix e no cánnabis.

O 1957 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo seu traballo sobre nucleótidos e coenzimas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Cyril Norman Hinshelwood
e
Nikolay Semyonov
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1957
Sucesor:
Frederick Sanger