Ryoji Noyori
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Ryoji Noyori |
|||
|---|---|---|---|
![]() Ryoji Noyori |
|||
| Nacemento | 3 de setembro de 1938 (74 anos) Kōbe |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | xapones | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Coñecido por |
|
||
|
|||
Ryoji Noyori (野依良治?) } nado o 3 de setembro de 1938 en Kōbe (神戸市 Kōbe-shi?) (Xapón), é un químico xaponés gañodor do premio Nobel de Química en 2001. Noyori compartiu a metade do premio con William Standish Knowles polo estudo das hidroxenacións utilizando catalizadores quirales; a segunda metade do premio foi para K. Barry Sharpless polo seu estudo das reaccións de oxigenación utilizando catalizadores quirales.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fascinouse coa química aos 12 anos, logo de escoitar unha presentación sobre o nailon. Viu no poder da química como ter a capacidade de "obter valores elevados a partir de case nada". Converteuse en estudante na Universidade de Quioto onde se gradó en 1961, e se doctorou en enxeñería química en 1967.
Traballou como un instrutor no grupo de investigación de Hotosi Nozaki antes de ser nomeado profesor asociado na Universidade de Nagoya. Tras o traballo postdoctoral con Elias J. Corey en Harvard volveu a Nagoya, converténdose nun catedrático en 1972.
Actualmente segue vivindo en Nagoya, aínda que é tamén agora presidente de RIKEN (理研?), unha iniciativa de investigación nacional en varios lugares cun orzamento anual de 800 millóns de dólares estadounidenses.
Investigacións científicas [editar]
Noyori cre firmemente no poder da catálisis e da química sostible; nun artigo recente defende a procura da "elegancia práctica en síntese".[1] Neste artigo afirma que "a nosa capacidade de concibir unha síntese química sinxela e práctica é imprescindible para a supervivencia das nosas especies." Noutro lugar dixo que "A investigación é para as nacións e a humanidade, non para os propios investigadores." Anima aos científicos a ser politicamente activos- "Os investigadores deben incitar opinións públicas e políticas gobernamentais cara á construción da sociedade sostible no século XXI.[2]
Notas [editar]
- ↑ R. Noyori, Pursuing practical elegance in chemical synthesis, Chemical Communications, 2005 (14), 1807 - 1811. Abstract
- ↑ "Keynote address, 23 de xuño de 2005, at the Second International Conference on Green and Sustainable Chemistry, Wáshington DC.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2001 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2001 (en inglés)
- Perfil de Ryoji Noyori en NNDB (en inglés)
| Predecesor: Alan J. Heeger, Alan MacDiarmid e Hideki Shirakawa |
Premio Nobel de Química 2001 con William Standish Knowles e K. Barry Sharpless |
Sucesor: John Fenn, Koichi Tanaka e Kurt Wüthrich |
