Time
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Time é unha das máis coñecidas revistas semanais de noticias do mundo, publicada nos Estados Unidos da América, en lingua inglesa.
Características [editar]
Conta cunha edición europea (Time Europe, antes coñecida por Time Atlantic) publicada en Londres. Esta edición cobre ademais o Oriente Medio, a África e, dende 2003, América Latina. Alén diso, unha edición asiática (Time Asia) é editada de Hong Kong. Unha edición canadense (Time Canada) é editada de Toronto. Segundo moitos observadores da prensa mundial, a Time é hoxe a revista semanal de maior circulación no planeta.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)