Mario J. Molina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mario J. Molina
Mario Molina 1c389 8387.jpg
Datos persoais
Nacemento 19 de marzo de 1943 (71 anos)
Lugar Cidade de México Flag of Mexico.svg México
Falecemento
Lugar
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Flag of Mexico.svg México
Nacionalidade mexicano/estadounidense
Etnia
Cóncuxe
  • Guadalupe Álvarez
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

José Mario Molina-Pasquel Henríquez, nado o 19 de marzo de 1943 en Cidade de México, é un enxeñeiro químico mexicano e un dos máis importantes precursores para o descubrimento do buraco de ozono antártico. Foi gañador (xunto con Paul J. Crutzen e F. Sherwood Rowland) do Premio Nobel de Química de 1995 polo seu papel para a dilucidación da ameaza á capa de ozono da Terra por parte dos gases clorofluorocarbonos (CFC), converténdose no primeiro cidadán mexicano en recibir o Premio Nobel de Química.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron Roberto Félix Molina Pasquel (Veracruz, 1908) e Leonor Henríquez. O seu pai foi avogado, profesor na UNAM e embaixador de México en Etiopía, Australia e Filipinas.

Cursou a escola primaria na Cidade de México, e á idade de once anos --continuando a tradición familiar-- os seus pais enviárono a estudar a Suíza.

En 1960 ingresou á Facultade de Química da UNAM para estudar enxeñería química. En 1965, logo de graduarse, proseguiu os seus estudos de posgrao na Universidade de Friburgo (Alemaña), onde pasou case dous anos investigando en cinética de polimerizacións. Entre 1967 e 1968, pasou algúns meses en París e outros na Cidade de México. En 1968, ingresou ao programa de doutoramento en fisicoquímica da Universidade de Berkeley (California).

En Berkeley, incorporouse ao grupo de investigación do Profesor George C. Pimentel. Molina obtivo o doutoramento en 1972, e permaneceu un ano máis en Berkeley, antes de converterse, en 1973, investigador asociado na Universidade de California en Irvine, co Profesor F. Sherwood Rowland.

Molina foi nomeado membro do profesorado de Irvine en 1975, liderando as súas propias investigacións a partir de entón. Logo de sete anos en Irvine, Molina decidiu explorar a vida profesional extraacadémica, e uniuse ao Jet Propulsion Laboratory, no grupo de Física e Química cuántica.

Molina volveu á academia en 1989, ao incorporarse ao Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) como Profesor, e adquiriu cidadanía estadounidense.

É membro de El Colegio Nacional (México) e é un membro notable da Academia Pontificia das Ciencias.

Molina foi electo asesor do equipo de transición do presidente estadounidense Barack Obama para cuestións do medio ambiente en novembro do 2008.[2]

Molina é Presidente de Honra da Asociación Mares de México, constituída no ano 2009 e dedicada á conservación dos mares[3]

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Realizou diversas investigacións no ámbito da química ambiental sobre o problema do ambiente. En 1974, Rowland e Molina daban conta dos resultados das súas investigacións nun artigo publicado na revista Nature. Nel advertían da crecente ameaza que o uso dos gases CFC supuñan para a capa de ozono, aviso que naquel momento foi criticado e considerado excesivo por un sector de investigadores. Con todo, a tenacidade e o convencemento que depositaron nas súas propias teorías conquistou as mentes máis incrédulas. Tras arduas deliberacións, Molina e Rowland conseguiron a aprobación ás súas teses en encontros científicos internacionais e estiveron presentes nas reunións nas que se fixaron os parámetros de control que debían facer cada país na emisión de CFCs. En 1989, Mario Molina pasou a traballar no Departamento de Ciencias Atmosféricas, Planetarias e da Terra do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) como investigador e profesor. E en 1994, o seu traballo brindoulle outro recoñecemento, neste caso do presidente de Estados Unidos, que lle nomeou membro do comité que lle asesora sobre asuntos de ciencia e tecnoloxía, ao que pertencen 18 científicos.

O punto culminante da súa traxectoria de traballo e perseveranza en prol da súa preocupación por un problema que afecta a todo o planeta chegou o 11 de outubro de 1995. Mario Molina recibía, xunto con Rowland o Premio Nobel de Química por ser os pioneiros en establecer a relación entre o buraco de ozono e os compostos de cloro e bromuro na estratosfera. O galardón tamén se concedía ao holandés Crutzen, do Instituto Max-Planck de Química de Mainz (Alemaña) quen achou en 1970 que os gases contaminantes teñen un efecto destrutor nesa capa, sen descomporse.

O 4 de decembro de 1995, Molina, Rowland e Crutzen foron premiados ademais polo Programa da ONU para o Medio (UNED), pola súa contribución á protección da capa de ozono.

Molina posúe tamén os premios Tyler (1983) e Essekeb (1987) que concede a American Chemical Society, o Newcomb-Cleveland, da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (1987), por un artigo publicado na revista Science que explicaba os seus traballos sobre a química do buraco de ozono na Antártida. E a medalla da NASA (1989) en recoñecemento aos seus logros científicos. Mario Molina sinalou nalgunha ocasión que cando elixiu o proxecto de investigar o destino dos CFCs na atmosfera, fíxoo simplemente por curiosidade científica. Non considerou as consecuencias que levarían os seus estudos. Pero cando se deu conta da envergadura do seu descubrimento, sentiuse sobrecollido, porque o seu achegue non só contribuíu á comprensión da química atmosférica, senón que ademais supuxo un profundo impacto na conciencia ecolóxica de todo o mundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Menchaca Solís, Héctor, Memorias sobre la Sociedad Química de México, Bol. Soc. Quím. Méx. 2007, 1(2), ISSN 1870-1809, pp. 144-146 «O Doutor Mario Molina, quen foi alumno e investigador no grupo de Pimentel, menciona que foi un profesor tan excelente, un mentor tan marabilloso, que a súa estimación e entusiasmo proporcionáronlle gran motivación para perseguir logros científicos importantes.»
  2. id=44 "Noticia en centromariomolina.org" (en español). 2007. http://www.centromariomolina.org/2008/11/ id=44. Consultado o 26-Mar-2009.
  3. Mares de México

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
George Andrew Olah
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1995
con
Paul J. Crutzen
e Frank Sherwood Rowland
Sucesor:
Robert Curl,
Harold Walter Kroto
e
Richard Errett Smalley