Medalla Copley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla Copley

Medalla Copley
Outorgada pola Royal Society
Tipo Recoñecemento
Elixibilidade Persoas
Outorgada por logros sobresaíntes en investigación en calquera rama científica
Estado Reino Unido Reino Unido
Estadísticas
Establecida 1731
Primeira outorgada 1731
John Theophilus Desaguliers, un dos primeiros gañadores.

A Medalla Copley é unha institución de carácter premial, que con carácter anual outorga a The Royal Society of London a unha persoa física como o maior recoñecemento ao traballo científico polos seus logros sobresalientes en calquera das ciencias físicas ou biolóxicas. É o galardón máis antigo concedido por unha institución académica, xa que a primeira medalla se concedeu en 1731.

Historia[editar | editar a fonte]

O premio creouse tralo legado póstumo realizado á Real Sociedade de Londres en 1709, por Godfrey Copley, próspero terratenente de Sprotbrough, cerca de Doncaster, membro por elección da Real Sociedade de Londres desde 1691. O total ascendía a 100 £, e o interese sobre o mesmo utilizaríase para a realización de experimentos durante unha serie de anos.

As condicións da medalla variaron varias veces ao longo do tempo. En 1736 acordouse conceder unha medalla por valor de 5 £, xa fose para o descubrimento científico máis importante ou para a maior achega experimental, norma que seguiu ata 1831, cando as condicións se modificaron de modo que a medalla se concedese ao autor da investigación que o Consello da Real Sociedade de Londres decidise por maioría que fose o maior merecedor de dito honor. Joseph William Copley realizou en 1881 unha segunda doazón por valor de 1.666 £, 13 s e 4 d, da que se destinaría a metade dos intereses que rendese dita cantidade a cubrir os custos do galardón.

No seu formato actual o galardón concédese anualmente e consiste nunha medalla de prata dourada e un premio en metálico de 5.000 £. Os premiados, que en anos consecutivos se alternan entre as ciencias físicas e biolóxicas, son elixidos polo Consello da Real Sociedade de Londres, a proposta dos respectivos Comité de Premios en Ciencias Físicas e Comité de Premios en Ciencias Biolóxicas. O premio está aberto aos cidadáns dun país da Mancomunidade de Nacións ou da República de Irlanda, ou de persoas que habitualmente residan e traballen neses países durante o período mínimo dos tres anos inmediatamente anteriores á data da súa proposta. Non hai limitacións para o período no que se realizasen os logros de investigación e pódese conceder máis dunha vez á mesma persoa. Os nomeamentos son válidos durante cinco anos, e o candidato non pode ser renomeado ata un ano despois de que expirase a súa candidatura.[1]

A Real Sociedade de Londres tamén instituíu en 1825 e 1965 a Medalla Real, de maneira independente á Medalla Copley, que nas súas tres modalidades galardoa anualmente as contribucións máis importantes nas ciencias físicas (1825), nas ciencias biolóxicas (1825) e nas ciencias aplicadas (1965).[2]

Galardoados[editar | editar a fonte]

1730[editar | editar a fonte]

1750[editar | editar a fonte]

1800[editar | editar a fonte]

1850[editar | editar a fonte]

1900[editar | editar a fonte]

1950[editar | editar a fonte]

2000[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Copley Medal». En: The Royal Society.
  2. «Royal Medal». En: The Royal Society.
  3. "Dame Jocelyn Bell Burnell awarded world’s oldest scientific prize as Royal Society announces 2021 medal and award winners". royalsociety.org (en inglés). 24 de agosto de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2023. 
  4. "The Royal Society announces this year's medal and award winners". royalsociety.org (en inglés). 24 de agosto de 2022. Consultado o 23 de marzo de 2023.