Elias James Corey
Elias James Corey |
|||
|---|---|---|---|
Elias James Corey |
|||
| Nacemento | 12 de xullo de 1928 (84 anos) Methuen Massachusetts |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | estadounidense | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Coñecido por | |||
|
|||
Elias James Corey, nado en Methuen (EUA) o 12 de xullo de 1928 é un químico orgánico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1990 "polos seus adiantos en teoría e metodoloxía de síntese orgánica"".
Biografía [editar]
Naceu na cidade de Methuen, poboación situada no estado norteamericano de Massachusetts. Estudou química no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, onde se gradou en 1948 e doutorou en 1951. Entre 1951 e 1959 foi profesor na Universidade de Illinois, e a partir de 1959 é catedrático na Universidade Harvard.
Investigacións científicas [editar]
Interesado na química orgánica, Corey desenvolveu interesantes investigacións acerca das reaccións químicas para entender o seu comportamento. Tamén a el se lle debe a creación da prostaglandina, sesquiterpeno, triciclohexaprenol e o ácido xiberélico, entre outros.
Tamén realizou pescudas na química teórica, desenvolvendo unha Teoría Xeral de Síntese, bautizada como retrosíntese. Esta consiste en someter unha molécula orgánica que se desexa sintetizar a unha serie de diseccións por etapas e de acordo cun conxunto de regras simples, tendo en conta o carácter e o contexto estrutural dos enlaces que se rompen. Foi o primeiro en ver a utilidade dos ordenadores, aplicándoos no proceso de retronsíntese.
Ligazóns externas [editar]
| Predecesor: Sidney Altman e Thomas Cech |
Premio Nobel de Química 1991 |
Sucesor: Richard R. Ernst |