Giulio Natta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Giulio Natta
Giulio Natta Nobel.jpg
Nacemento 26 de febreiro de 1903
Porto Maurizio, actual Imperia Italia Italia
Morte 2 de maio de 1979
Bergamo Italia Italia
Residencia Italia Italia
Nacionalidade italiano
Campo
Alma mater
Cónxuxe
  • Maria Kurtz (1922)
Director tese
Coñecido por

Giulio Natta nado o 26 de febreiro de 1903 en Porto Maurizio, actual Imperia (Italia) e finado o 2 de maio de 1979 en Bergamo (Italia), foi un químico e profesor universitario italiano galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1963.

Índice

Biografía [editar]

Diplomado con apenas 16 anos no Liceo-Ginnasio Cristoforo Colombo de Xénova doctorouse en 1924 en enxeñería química no Instituto Politécnico de Milán. En 1933 foi nomeado profesor de química na Universidade de Pavía, en 1935 o foi da Universidade de Roma, entre 1936 e 1938 do Instituto Politécnico de Química Industrial de Turín e finalmente en 1938 xefe do departamento de enxeñería química do Instituto de Milán.

Investigacións científicas [editar]

As súas primeiras investigacións culminaron en novos métodos de sínteses do metanol, pero a partir de 1950 dedicouse case exclusivamente á química dos altos polímeros. En 1954 conseguiu manufacturar polipropileno cunha alta cristalización fraccionando mesturas amorfas, sendo denominado "isotáctico" pola simetría espacial da súa estrutura molecular.

Continuando os seus estudos sobre os polímeros macromoleculares, contribuíu de xeito extraordinario ao actual coñecemento do mecanismo de acción dos catalizadores estereoespecíficos e dos polímeros de estrutura espacial de gran regularidade.

En 1963 foi galardoado, xunto ao químico alemán Karl Ziegler, co Premio Nobel de Química polo seu traballo no estudo de catalizadores para a polimerización estereoselectiva de polialquenos terminais, os chamados Catalizadores Ziegler-Natta.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
John Cowdery Kendrew
e
Max Ferdinand Perutz
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1963
compartido con
Karl Ziegler
Sucesor:
Dorothy Crowfoot