James Batcheller Sumner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Batcheller
Datos persoais
Nacemento19 de novembro de 1887
LugarCanton Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento12 de agosto de 1955 (67 anos)
LugarBuffalo Estados Unidos de América Estados Unidos
SoterradoCanton Corner Cemetery
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Actividade
Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade Harvard
  • Director de tese
  • Otto Folin
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Illar e cristalizar os encimas.
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1946)
  • editar datos en Wikidata ]

    James Batcheller Sumner, nado o 19 de novembro de 1887 en Canton (Estados Unidos) e finado o 12 de agosto de 1955 en Buffalo (USA), foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1946.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Estudou química na Universidade Harvard, onde se licenciou en 1910. En 1912 iniciou os seus estudos de bioquímica en Harvard, onde se licenciou en 1914. Entre 1914 e 1929 foi profesor de bioquímica en Harvard, e entre 1929 e 1955 foi catedrático na Universidade Cornell.

    Summer recibiu un disparo do seu compañeiro estando de caza aos 17 anos e a consecuencia o seu brazo esquerdo tivo que ser amputado debaixo do cóbado.

    Sumner faleceu de cancro o 12 de agosto de 1955 na súa residencia de Buffalo, situada no estado de Nova York.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Iniciou as súas investigacións no illamento dos encimas na súa forma pura, un feito que nunca se puido conseguir, e que realizou durante as súas estancias en Bruxelas (1921 e 1922), Estocolmo (1929) e Uppsala (1937-1938), nesta última cidade sueca á beira do Premio Nobel Theodor Svedberg. Tras atoparse con moitos fracasos, en 1926 conseguiu illar e cristalizar os encimas grazas á urease.

    En 1946 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química polo descubrimento da cristalización de encimas. A outra metade do premio foi compartida polos químicos estado unidenses John Howard Northrop e Wendell Meredith Stanley.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Artturi Ilmari Virtanen
    Premio Nobel de Química

    1945
    compartido con
    John Howard Northrop e
    Wendell Meredith Stanley
    Sucesor:
    Robert Robinson