Lyndon B. Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lyndon B. Johnson

Lyndon Baines Johnson, nado en Stonewall (Texas) o 27 de agosto de 1908 e finado na mesma vila o 22 de xaneiro de 1973, foi un político estadounidense, membro do Partido Demócrata. Foi presidente dos Estados Unidos de 1963 a 1969.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou ao cargo presidencial por sucesión constitucional tras o asasinato de JFK. En 1964 aprobou a Lei de Dereitos Civís e ese mesmo ano presentouse e gañou as eleccións co Partido Demócrata. Foi o impulsor do sistema de axudas sociais (Medicare e Medicaid). durante o seu mandato a guerra do Vietnam acadou o punto culminante.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lyndon B. Johnson


Predecesor:
John Fitzgerald Kennedy
USPresidentialSeal.jpg
Presidente dos Estados Unidos de América

1963 - 1969
Sucesor:
Richard Nixon