Paul J. Flory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Paul John Flory
Nacemento 19 de xuñode 1910
Sterling, Illinois Flag of the United States.svg Estados Unidos
Morte 9 de setembrode 1985
Big Sur, California Flag of the United States.svg Estados Unidos
Residencia Flag of the United States.svg Estados Unidos
Nacionalidade estadounidense
Campo
Alma mater
Cónxuxe
  • Emily Catherine Tabor
Director tese Herrick Lee Johnston
Coñecido por

Paul John Flory nado o 19 de xuñode 1910 en Sterling, Illinois (EUA) e finado o 9 de setembrode 1985 en Big Sur, California, foi un químico e profesor universitario galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1974.

Índice

Biografía [editar]

Tras graduarse en química na Elgin High School en 1927, conseguiu o doutoramento na Universidade do Estado de Ohio en 1934. En 1961 foi nomeado profesor de química na Universidade de Stanford.

Investigacións científicas [editar]

Iniciou a súa investigación na compañía farmacéutica DuPont xunto a Wallace Carothers[1], o inventor do nailon, co cal traballou acerca da creación dos polímeros. Flory foi o primeiro en esclarecer e explicar a conexión entre as lonxitudes das moléculas formadas en cadea e as condicións de reacción que estas determinan. Para iso operou cunha técnica que denominou temperatura zeta e punto zeta (rebautizada actualmente na súa honra temperatura Flory) pola cal a molécula asume un tipo de estado óptimo de compactación e insolubridade que varía segundo os tipos de polímeros e os diferentes axentes disolventes. As súas investigacións orientáronse en descubrir como se forman as moléculas que despois se enlazan en longas cadeas, procesos de gran importancia na fabricación de plásticos.

En 1974 foille concedido o Premio Nobel de Química polos seus estudos, teóricos e prácticos, na fisicoquímica das macromoléculas.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
Ernst Otto Fischer,
e Geoffrey Wilkinson
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1974
Sucesor:
John Warcup Cornforth
e Vladimir Prelog

Notas [editar]

  1. * Morris, Peter J. T. Polymer Pioneers: A Popular History of the Science and Technology of Large Molecules Center for History of Chemistry, Philadelphia (1986) p. 70-73