Colesterol
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O colesterol é un esterol (lípido) que se encontra nos tecidos corporais e no plasma sanguíneo dos vertebrados. Presentase en altas concentracións no fígado, medula espiñal, páncreas e cerebro. O nome de «colesterol» procede do grego kole (bile) e stereos (sólido), por identificarse por primeira vez nos cálculos da vesícula biliar por Michel Eugène Chevreul quen lle deu o nome de «colesterina». É un compoñente das membranas de tódalas células eucariotas, máis abundante nas dos mamíferos, e precursor doutros esteroides imprescidíbeis para o crecemento e desenvolvemento de numerosos organimos superiores. O seu nome adquiriu mala fama dende que se coñece como un desencadeante de enfermidades graves.
Exceso de colesterol [editar]
O exceso de colesterol no torrente sanguíneo provoca que se deposite en forma de placas nas arterias. As placas provocan a arteoesclerose e o conseguinte estreitamento das arterias. Se a arteria que se obstrue pertence o sistema coronario producirase un infarto de miocardio. No cerebro, un excesivo estreitamento dalgunha arteria pode provocar apoplexía.
Fontes de colesterol [editar]
Os organismos mamíferos obteñen colesterol a través de 2 vías:
- Vía exóxena ou absorción de colesterol contido nos alimentos. O colesterol encóntrase exclusivamente nos alimentos de orixe animal, maioritariamente a xema de ovo, fígado, lácteos, cerebro (sesos) e músculo esquelético (carnes vermellas).
- Vía endóxena ou síntese de novo, é a síntese de colesterol nas células animais a partir do seu precursor, o acetato, na súa forma activada acetil-coenzima A.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||