Manuel Díaz Rozas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Díaz Rozas
Nacemento1894
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento2 de marzo de 1984
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e pedagogo
CónxuxeCristina Pol García
editar datos en Wikidata ]

Manuel Díaz Rozas, nado na Coruña en 1894 e finado na mesma cidade o 2 de marzo de 1984[1], foi un mestre e pedagogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O SEG en 1936: Xesús Carro, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Luís Iglesias Iglesias, Sebastián González García-Paz, Felipe Cordero Carrete, Salustiano Portela Pazos, Paulino Pedret, Jaime Vidal Rey, Antón Iglesias Vilarelle, Manuel Díaz Rozas, Alfonso Vázquez Martínez, Xosé Filgueira Valverde, Xulio Francisco Ogando, Ramón Sobrino Buhigas, Anxelo Ramos Colemán, Isidro Parga Pondal, Florentino López Cuevillas e Xoán López Durá

Logo de realizar estudos normalistas na Coruña continuounos na Escuela Superior de Magisterio de Madrid. En 1920 foi profesor na Escola Normal de Zamora ao ano seguinte inspector-xefe de educación primaria na provincia da Coruña. Gozou dunha estancia de estudos pedagóxicos no Instituto Rousseau de Xenebra en 1920 e ao ano seguinte visitou de varios países europeos para coñecer as súas realidades escolares. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi apartado do cargo e enviado a Huelva polas súas ideas republicanas. En 1930 volveu facer unha nova viaxe por varios países.

Durante a Segunda República regresou á Coruña. Foi membro da Agrupación al Servicio de la República e despois relacionouse coa ORGA e cos galeguistas. Foi promotor da Asociación de Vanguardia Pedagógica e do seu Boletín de Vanguardia Pedagógica e tamén do intento de crear en Galicia unha Sociedad Paidológica Gallega en 1932. Neste ano, na Asemblea Estatutaria Galega, defendeu a necesidade de realizar un tratamento político autonómico do ensino. Tamén foi un dos promotores das Misións Pedagóxicas (1933) na Coruña e Pontevedra. En 1934 pasou a dirixir a sección de Pedagoxía do Seminario de Estudos Galegos, ao amparo da cal funcionou un laboratorio de psicotecnia e se realizaron conferencias pedagóxicas en 1935 en Pontevedra (Díaz Rozas defendeu a necesidade da galeguización lingüística escolar e da práctica dunha escola activa no contexto dunha renovada escola rural).

Co inicio da Guerra Civil foi sancionado co trasladado a Ávila, sen poder exercer cargos directivos dentro da inspección. Despois foi afastado definitivamente da inspección e ata os anos cincuenta non puido reincorporarse á súa función.

Rúa Manuel Díaz na Coruña.

Casado coa tamén inspectora Cristina Pol, reuniron unha importante biblioteca psicopedagóxica que se recuperou e incorporou ao Seminario de Estudos Galegos e ao Instituto Galego de Información.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Datos biográficos de Don Leopoldo Pedreira Taibo, 1915 (en colaboración con Federico García).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 3-3-1984, p. 50.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]