Boletín Avriense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Boletín Auriense»)

Boletín Avriense
PaísEspaña
Lingualingua galega, lingua castelá, lingua inglesa, lingua francesa e varios idiomas
Fundación1971
Primeira edición1971
Circulación
ISSN0210-8445
Na rede
http://www.musarqourense.xunta.es/es/category/publicacions/boletin/
editar datos en Wikidata ]

Boletín Auriense (abreviado Bol. Auriense) é unha revista científica galega editada polo Grupo Marcelo Macías e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iníciase no ano 1971 co obxectivo de difundir os traballos científicos realizados tanto polos membros do grupo como por outros investigadores. É considerada continuadora do Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense (1943 - 1953) e do Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense (1898 - 1960).

Os catro primeiros números foron dirixidos por Ferro Couselo, que foi sucedido por Francisco Fariña Busto.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dunha revista arbitrada cunha periodicidade anual que recolle artigos de arqueoloxía, arte, etnografía, botánica ou literatura. A súa redacción admite textos en galego, castelán e colaboracións espontáneas noutras linguas como francés ou inglés.

O número de páxinas varía entre 200 e 500. Ten unha tiraxe de 800 exemplares.[1] [Cómpre referencia].

Desde 1982, publícanse anexos ó boletín que recollen traballos monográficos dos integrantes do grupo na súa labor de estudo e difusión da cultura galega, por riba de todo respecto de Ourense.

O director do boletín informativo e do Museo, Francisco Fariña Busto, explicou o 15 de decembro de 1982 que esta publicación foi o único órgano da resonancia cultural ourensá en toda Europa, convertendo a lingua galega nun medio de expresión científica [2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.laregion.es/articulo/ourense/boletin-auriense-cumple-43-anos-vida-nuevo-numero/20140918074432493169.html
  2. "El director del boletín y del Museo, Francisco Fariña, explicaba en el acto celebrado el 15 de diciembre de 1982 que esta publicación era el único órgano de expresión de la cultura ourensana con resonancia en toda Europa y algo en América, con un esfuerzo de difusión de la lengua gallega como medio de expresión científica" (La Voz de Galicia, 15.12.2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]