Tinéu
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Asturias | ||||
| Provincia | provincia de Asturias | ||||
| Capital | Tinéu | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 8.679 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 540,85 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | José Ramón Feito Lorences | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 33870 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 33073 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Las Cabezas de San Juan (1988–) | ||||
| Sitio web | tineo.es | ||||
Tinéu (en castelán: Tineo) é un concello do Principado de Asturias. En 2011 tiña unha poboación de 10.829 habitantes.
Limita ao norte con Valdés, ao oeste con Villaión e Allande, ao leste con Salas, Miranda e Somiedo e ao sur con Cangas del Narcea. Situado na zona prelitoral da comunidade, é un dos maiores produtores de leite de vaca de Asturias.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Está formado por 44 parroquias: Arganza, Bárzana, Bourres, Brañaḷḷonga, Bustieḷḷu, Caeras, Campucaldera, Cezures, Coḷḷada, Fastias, Francos, Meriás, Muñalén, Naraval, Navelgas, Nieres, Oubona, El Pedregal, Porciles, El Pozón, La Preda, Reḷḷanos, El Rodical, Samartín de Semproniana, San Esteban de Reḷḷamiegu, San Fagondu, San Fliz, San Frichosu, Sangoñéu, Santianes, Santiáu, Santolaya, Santolaya de Miñu, Santuyanu, Sobráu, Soutu, Sorriba, Tabláu, Tinéu, Troncéu, Tuña, Viḷḷatresmil, Xinestaza e Zardaín. A capital é Tinéu.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Decreto 69/2017, de 11 de outubro, polo que se determinan os topónimos oficiais do concello de Tinéu" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2023. Consultado o 29 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tinéu |
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |

