Gadisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GADISA
Gadisa Piadela sede en Betanzos.jpg
Sede Gadisa en Piadela, Betanzos
Tipo Distribuidora
Fundación 1985
Matriz Grupo Tojeiro
Localización Piadela, Betanzos, A Coruña Galicia Galicia
Fundador Roberto Tojeiro Díaz
Persoas clave Roberto Tojeiro Rodríguez
Produtos Alimentación
Distribución
Número de empregados 7.000
Páxina web Gadisa.es

Gadisa (Galega de Distribuidores de Alimentación S.A.) é un grupo empresarial galego do sector da distribución de alimentos.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Fundado en 1985 por Roberto Tojeiro Díaz e presidido por Roberto Tojeiro Rodríguez, ten a súa sede en Piadela, Betanzos. Forman parte do grupo empresas como Reganosa, Intasa, Galparket ou Forestal del Atlántico. Gadisa no ano 2010 tiña unha frota de máis de 200 camións, facturando unha cantidade superior aos 900 millóns de euros.[2] Da emprego a preto de 7.000 traballadores.

Pertencen ao grupo: 204 supermercados Gadis, 10 Gadis Hiper (ata o ano 2012 denominados hipermercados Haley), 151 supermercados Claudio (franquías), 12 almacéns maioristas Cash IFA, o supermercado en-liña Gadisline.com, dúas tenda de delicatessen Casa Claudio, dous centro de distribución en Medina del Campo e Betanzos e outras empresas.

Supermercados Gadis[editar | editar a fonte]

Supermercado GADIS en Lugo.

En 1979 abriu o primeiro baixo a marca ALDI, que en 1995 mudou pola actual. Os máis de 200 supermercados Gadis, especializados en produtos frescos, están distribuídos polas provincias galegas, León, Palencia, Salamanca e Valladolid.

Un dos slogan publicitarios da marca foi "Vivamos como galegos".[3] creado pola axencia BAP&Conde [4], con sede na Coruña, a campaña gañou un Premio Mestre Mateo no ano 2007.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Gadis no mercado de Elviña na Coruña
Hiper Gadis no Burgo no concello de Culleredo
Monoposte publicitario no Gadis do Burgo en Culleredo. 
Gadisa cambiou o deseño das bolsas o Día das Letras Galegas de 2013 para incluír unha imaxe de Roberto Vidal Bolaño e un fragmento das Actas escuras

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]