Reganosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°27′44.34″N 8°14′21.36″W / 43.4623167°N 8.2392667°W / 43.4623167; -8.2392667

Reganosa
Planta de Gas.JPG
Reganosa vista dende a ría de Ferrol
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1999
Matriz Grupo Tojeiro
Localización Punta Promontoiro, s/n. 15620 Mugardos, A Coruña Galicia Galicia
Fundador Roberto Tojeiro Díaz
Persoas clave José María Paz, Director[1]
Grupo Tojeiro 20,28%
Xunta de Galicia 17,5%
Gas Natural Fenosa 21%
Sonatrach 10%
First State Regasificadora 15%
Forestal del Atlántico 16,22%[2]
Industria Enerxía
Produtos Gas natural
Páxina web reganosa.com

Reganosa (Regasificadora do Noroeste Sociedade Anónima) é unha empresa galega adicada ó almacenamento e distribución de gas natural licuado (GNL) a través da súa terminal de Mugardos, na ría de Ferrol. Da súa actividade depende directamente a subministración das centrais eléctricas de ciclo combinado que Endesa e Unión Fenosa teñen nas Pontes de García Rodríguez e Sabón (Arteixo), respectivamente, así como outras industrias vía gasoduto, buques LNG e camións cisterna.

Inicios do proxecto[editar | editar a fonte]

As orixes da planta de gas de Ferrol están nun proxecto que Enagas, entón filial de Gas Natural, tiña para construír unha planta regasificadora nos terreos que agora ocupa o Porto Exterior de Ferrol. O proxecto non pasou das formalidades iniciais aínda que o terreo no que se proxectaba a planta chegou a estar valado e sinalizado. Abandonado o proxecto foi o Grupo Tojeiro o que retomou a idea pero trocando a localización na entrada da ría de Ferrol polos terreos de Forestal del Atlántico, en Mugardos. Os terreos entón ocupados por Enagas pasaron á Autoridade Portuaria de Ferrol[3].

Situación legal[editar | editar a fonte]

Reganosa en construción
Reganosa pintada para reducir o impacto visual.
Pintada en contra de Reganosa en Ferrol.

Dende que o grupo Tojeiro, promotor da regasificadora, fixo público o seu interese en construír a planta nas súas instalacións de Forestal do Atlántico, en Mugardos, se formou un grupo de cidadáns na comarca preocupados polos riscos ambientais e de seguridade que supoñía esta instalación gasística dentro da ría. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acudiu a institucións locais, autonómicas, estatais e da Unión Europea para denunciar a planta. Tódalas sentenzas foron favorables ao CCERF, sendo a día de hoxe a situación legal da planta máis que precaria.

Coa chegada en maio de 2007 do Galicia Spirit[4], o primeiro gaseiro de 280 metros de eslora e 140.000 metros cúbicos de gas LNG, á planta de Mugardos organizouse unha multitudinaria protesta tanto en terra como na ría á que se sumaron os mariscadores. Varias persoas foron detidas e a Garda Civil denunciou a varios mariscadores por desobediencia á autoridade. Oito de estes mariscadores foron xulgados en marzo de 2012[5] e sete de eles foron condenados a penas de entre seis meses e sete meses e medio[6].

Dende a posta en marcha da planta o Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol organiza concentracións cada vez que un gaseiro entra na ría de Ferrol.

REGANOSA tivo un déficit de 58 millóns de euros en 2011.[7] En outubro de 2013 a empresa anunciou o pintado dos tanques de gas do complexo para mellorar a súa imaxe e integración co contorno[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Reganosa está á cabeza de todo novo proxecto no sector», artigo de Beatriz Couce en La Voz de Galicia, 16 de outubro de 2013.
  2. Composición Accionarial de Reganosa
  3. Sola, Manuel V. La Voz de Galicia, ed. «Fenosa desafía en público a Enagas a que la planta de Ferrol funcionará en el 2005». Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  4. "El Galicia Spirit entra en Reganosa", El País, 9 de maio de 2007 (en castelán).
  5. "Descamisados", texto de Manuel Cendán en Diario de Ferrol
  6. "Penas de cárcel por el cierre de la ría a un barco gasero", artigo en La Voz de Galicia, 10 de xullo de 2012 (en castelán)
  7. "Reganosa funcionou 260 días por debaixo do mínimo técnico de seguridade en 2011", artigo en Praza Pública.
  8. Diario de Ferrol (ed.). «Reganosa pinta franjas verticales en los tanques». Consultado o 18 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reganosa

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]