Ramón Villares
Nome orixinal | (es) Ramón Villares Paz |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de xaneiro de 1951 (73 anos) Cazás (España franquista) |
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela | |
1990 – 1994 ← Carlos Pajares – Darío Villanueva → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Antonio Eiras Roel |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Membro de | |
Participou en | |
11 de xuño de 2018 | manifesto «Anovar o pacto constitucional» |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade)[1] o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e foi presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006 ata o ano 2018.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Deu clases de Historia Económica no Colexio Universitario de Vigo, e dende 1987 é catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela.
Decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986 - 1990) e reitor magnífico da Universidade de Santiago (1990-1994), membro fundador e presidente (1996-2002) da Asociación Española de Historia Contemporánea. Desde 1998 é director en Galicia da UIMP.
Forma parte do Consello Editorial de Marcial Pons Ediciones de Historia e pertence ao consello asesor de revistas como Ayer (M. Pons Ediciones de Historia), Historia Social (Valencia), Hispania (Madrid), Ler Historia (Lisboa) ou Perspectivas Históricas (México) e Estudios Migratorios.
O 12 de xaneiro de 2021 retirouse da docencia na USC, o mesmo día da presentación da obra homenaxe Senderos de la historia. Miradas y actores en medio siglo de historia rural.[3] En 2021 foi nomeado profesor emérito da USC.[4]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Foros, frades e fidalgos, Estudos de historia social de Galicia, Xerais, Vigo, 1982.
- A Historia, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1984, ISBN 8471544636 (con versión en lingua española[5] -1986, Alianza Editorial- e portuguesa).
- Parlamento de Galicia, Parlamento de Galicia, 1993.
- Desamortización e réxime de propiedade, A Nosa Terra, 1994.
- Idea da Universidade, Universidade de Santiago de Compostela, 1996.
- Figuras da nación, Xerais, Vigo, 1997.
- Historia de Galicia, Galaxia, 2004.
- Fuga e retorno de Adrián Solovio: sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista, Real Academia Galega, 2006. Discurso de ingreso e resposta de Víctor Freixanes. Edición aumentada en Galaxia, 2007.
- Clío nas ondas: De libros, persoas e sazóns, 3C3, 2007.
- Identidade e afectos patrios, Galaxia, 2017.
- Cultura e política na Galicia do século XX (2021). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-613-2. 420 páxs.[6]
- Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira (2023). Vigo: Galaxia. 142 páxs. ISBN 978-84-1176-053-9.[7]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, Concello de Lugo, 1986.
- Historia do mundo contemporáneo: textos escollidos (iniciación universitaria), Galaxia, 1986. Con Xosé A. Armas Castro.
- Donos de seu, Sotelo Blanco, 1988.
- Actas do Congreso Castelao, Universidade de Santiago de Compostela, 1989. Editor, con Xusto Beramendi.
- Textos e materiais para a historia de Galicia, Crítica (Barcelona), 1990.
- Historia da emigración galega a América, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1996. Con Marcelino Fernández Santiago.
- Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía, Xerais, 1996. Con Marcos Valcárcel, Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo.
- O conflicto foral nos séculos XVII e XVIII, Xunta de Galicia, 1997. Coeditor, con X. L. Díaz-Castroverde.
- Galicia: unha luz no Atlántico, Xerais, 2001.
- Ensinar Historia de Galicia. Aspectos historiográficos e didácticos, Universidade de Santiago de Compostela, 2002. Con Luís Martínez-Risco Daviña e Jurjo Torres Santomé.
- Galicia, o sorriso de Daniel, Consello da Cultura Galega, 2004. Con Miguel Anxo Seixas Seoane.
- O corazón das cidades: cascos históricos de Galicia, Lunwerg (Barcelona), 2006.
- A gran historia de Galicia, La Voz de Galicia, 2007.
- Sigillum: memoria e identidade da Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela , 2007.
- Os símbolos de Galicia, Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega, 2007. Edición con Xosé Luís Axeitos e Xosé Ramón Barreiro.
- A patria enteira: homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela e Real Academia Galega, 2008. Coeditor, con Xosé Luís Axeitos e Emilio Grandío.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, Difusora, 2009.
- Ramón Suárez Picallo: a voz esquecida do galeguismo, Comisión Irmáns Suárez Picallo, 2009.
- Fermín Penzol: unha obra para un país, Galaxia, 2010.
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, Galaxia, 2011.
- Emigrante dun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina, Fundación Luis Seoane, 2011.
- Promenade ... polo futuro presente: Cidade da Cultura de Galicia, Xunta de Galicia, 2011.
- Seminario de Mondoñedo (1565-2013). Centro de formación e promoción cultural, 2015.
- Historia das historias de Galicia, Xerais, 2016.
- 1936. O Estatuto esquecido, Guiverny, 2016.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Evolución de las estructuras agrarias de la provincia de Lugo, 1750-1936: propiedad y rentas de la tierra, Universidade de Santiago de Compostela, 1980.
- La propiedad de la tierra en Galicia 1500-1936, Siglo XXI Editores, Madrid, 1982.
- Anexo estadístico de la propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936, Universidade de Santiago de Compostela, 1982.
- El indiano gallego: mito y realidad de sus remesas de dinero, 1984.
- Historia de Galicia, I e II, n.os 5 e 6 da Biblioteca 114, 1991, ISBN 84-85553-14-4 e ISBN 84-85553-15-2.
- Galicia. Una nación entre dos mundos. Pasado & Presente. 2019. ISBN 978-84-949706-7-2.
- Repensar Iberia. Del iberismo peninsular al horizonte europeo (2024). Ed. Pasado y Presente. 256 páxs.[8]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Historia de Galicia, Alhambra, Madrid, 1981.
- AA.VV. (1991). Historia de Galicia. Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X.
- Señores y campesinos en la Península Ibérica, siglos XVIII-XX, Editorial Critica/Consello da Cultura Galega, Barcelona, 1991. En colaboración con Pegerto Saavedra.
- La historia en el 94, Marcial Pons (Madrid), 1995.
- Imagen e historia, Marcial Pons (Madrid), 1996.
- Nobleza y sociedad (III). Las noblezas españolas, reinos y señoríos en la Edad Moderna, Fundación Banco Santander Central Hispano, Madrid, 1999.
- Año mil, año dos mil: dos milenios en la Historia de España (Congreso internacional), Sociedad Estatal España Nuevo Milenio, Madrid, 2001.
- El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Editorial Taurus, Madrid, 2001. En colaboración con Ángel Bahamonde.
- Historia de España. 12 volumes, Crítica (Barcelona), 2007. Director da edición, con Josep Fontana.
Obra en portugués
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Galiza, Terra Irmã de Portugal. Lisboa: Fundaçao Francisco Manuel Dos Santos. 2022. ISBN 9899064467.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2005 foi galardoado co Premio Fernández Latorre.[9]
En 2018 gañou o Premio da Cultura Galega de Proxección Exterior[10] e en 2019 foi galardoado co premio Otero Pedrayo.
En outubro de 2019 recibiu o Premio Mondoñedo 10 ao mellor ensaio en galego da década pola obra Identidades e afectos patrios.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ramón Villares Paz | histagra". histagra.usc.es. Consultado o 2023-06-09.
- ↑ "Rosario Álvarez Blanco é elixida presidenta do Consello da Cultura Galega". Consello da Cultura Galega. 31 de maio de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2018.
- ↑ "Homenaje a Ramón Villares y presentación literaria". 13/1/2021. Consultado o 9/2/2021.
- ↑ ECG, Redacción. "La USC acaba de seleccionar a diez de sus profesores eméritos para los próximos tres cursos". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-05-12.
- ↑ "Historia de Galicia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-29.
- ↑ Liñares Giraut, Amancio (outubro, novembro, decembro, 2021). "Palillando cultura e política con mestría". Grial LIX (232): 87–88. ISSN 0017-4181.
- ↑ Dono, Pedro (xaneiro, febreiro, marzo, 2024). "Para comprender Galicia (e Portugal) na súa historia". Grial LXII (241): 102, 103. ISSN 0017-4181.
- ↑ Sáed Delgado, Antonio (Abril, maio, xuño 2024). "Iberia revisited". Grial LXII (242): 95. ISSN 0017-4181.
- ↑ Premio 2005 Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na páxina web da Fundación Santiago Rey Fernández Latorre.
- ↑ Dopico, Montse (14 de outubro de 2018). "Ramón Villares: "Prodúcese, por veces, unha combinación pouco virtuosa entre actores políticos e culturais"". Praza Pública. Consultado o 15 de outubro de 2018.
- ↑ "'Identidades e afectos patrios' de Ramón Villares, mellor ensaio da década segundo o Premio Mondoñedo 10". Nós Diario. 13-10-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramón Villares |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Galicia é nación porque creou unha cultura", entrevista de Xan Carballo en El País, 1 de decembro de 2006.
- Ramón Villares na mediateca do Consello da Cultura Galega.
Predecesor: Carlos Pajares |
Reitor da Univ. de Santiago 1990 - 1994 |
Sucesor: Darío Villanueva |
Predecesor: Alfonso Zulueta de Haz |
Presidente do Consello da Cultura Galega 2006 - 2018 |
Sucesor: Rosario Álvarez Blanco |
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Membros de número da Real Academia Galega
- Historiadores de Galicia
- Presidentes do Consello da Cultura Galega
- Reitores da Universidade de Santiago de Compostela
- Nados en Xermade
- Nados en 1951
- Enciclopedistas de Galicia
- Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela