Saltar ao contido

Denominación de Orixe Rías Baixas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Denominación de Orixe Rías Baixas
Imaxe
 Subclase de
Dimensión
Superficie3.814 ha Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Identificadores
Freebase/m/02vnqfx Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Denominación de Orixe Rías Baixas é unha das cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Creouse en 1980, e foi recoñecida como Denominación de Orixe en 1988.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Divídese nas seguintes subzonas: Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla. A uva albariño é a súa produción monovarietal de máis éxito, aínda que se pode combinar coas uvas brancas loureira branca ou marqués, treixadura, caíño branco, torrontés e godello e as tintas caíño tinto, espadeiro, loureira tinta, sousón, mencía, pedral e brancellao[1]. A produción é de baixa graduación, de viño branco e sen crianza, e expórtase cada vez máis a mercados españois (especialmente Barcelona e Madrid) e exteriores (Alemaña, Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Suíza, Xapón e Suecia).

Os viñedos ocupan unha superficie de preto de 4.027 hectáreas, que pertencen a 179 adegas. Esta denominación é a maior produtora galega, xa que 55 das súas adegas producen máis de 25.000 litros e unhas vinte superan os 75.000. A produción total supera os 19 millóns de litros.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A Denominación de Orixe está dividida en 5 sub-zonas[3]. Estas son, de norte a sur:

  • Soutomaior: cobre o territorio do mesmo nome, é a única subzona da ría de Vigo.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Folleto explicativo da D.O.RR.BB. Arquivado 11 de abril de 2012 en Wayback Machine., páxina 6 (en castelán)
  2. "Os viños da nosa terra", separata de Faro de Vigo, 12/7/2015.
  3. "Quen somos". D.O. Rías Baixas - Descubre el sabor de Galicia. 2017-07-03. Consultado o 2020-09-24. 
  4. "Comarcas y vinos". www.gastronomiadegalicia.com. Consultado o 2020-09-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]